Definicións do dicionario da Real Academia Galega:
Clientelismo: Práctica social e política en que se establecen relacións de dependencia entre persoas ou organizacións poderosas e os seus partidarios ou colaboradores, os cales esperan obter a cambio determinados favores ou beneficios persoais.
Caciquismo: Fenómeno social e político que se caracteriza polo poder excesivo dos caciques e por fomentar a súa existencia.
Cada quen é do seu pai e da súa nai. E, dentro diso, hai moitas variacións. Iso é algo que se aplica ás persoas, como unha interpretación da herdanza xenética (e doutro tipo). E en xeral, a pautas que se podan reproducir, como ocorre na estrutura social.
Hai uns días viuse na prensa a nova de que no concello de Barreiros os plenos van ser abertos ás intervencións do público. Despois de ter loitado por iso noutro concello por anos, saíume da alma o felicitar á alcaldesa por esa decisión, respaldada en pleno. O certo é que non coñezo a normativa que se vai aplicar, mais a nova en si é esperanzadora.
Ten algo que ver esa participación co título do artigo? Entendo que polo menos é un paso de xigante para entre outras cousas, evitar o caciquismo e o clientelismo.’Dende hai moito tempo, a política, cos seus proxectos competidores, ten sido remprazada por un clientelismo municipal con tintes de hostilidade cara ás iniciativas dos habitantes’. A cita anterior coido que pode ser aplicada a moitos concellos do noso entorno. E falo de concellos só porque nela aparece o termo ‘municipal’. Mais non a collín dun lugar no que se referira a Galicia, nin siquiera a España, senón a Francia (Radiografía del clientelismo municipal en Francia, Le Monde Diplomatique en Español, agosto de 2017, p. 24). E é que o sistema político, calquera sistema político, incluída a democracia, fai augas a pouco que se deixe pasar o tempo en convivencia coa existencia de forzas desproporcionadas, sexan de orixe económica ou doutro tipo. Como un algo vivo dentro do sistema, o desequilibrio medra, procura perdurar facéndose máis forte e como vía cara ese fin de asegurar a pervivencia, obrigando ó resto a facer un esforzo por sobrevivir. O facer que o resto do entorno dependa desa forza sen ataduras abondas como para embridala non pasa de ser unha táctica en cada caso particular dentro dunha estratexia xeral, mesmo sendo inconsciente, instinto vital…
Caciquismo ou clientelismo son situacións nas que o político de turno susbstitúe a participación dos cidadáns pola dependencia. En ambos casos se fai o mártir, asumindo unha pesada carga dos demais como dependentes (despois de axudar a infantilizalos e facelos dependentes) que non lle corresponde, en troques de quedar coa súa función de servizo ó pobo organizando e xestionando o común en colaboración coa xente. E unha vez funcionando o subsistema, para mantelo e facelo medrar, todo vale, de non prestar atención á xente ou a ocultación de datos e accións a poñer paos nas rodas a avances se veñen da sociedade non controlada directamente ou á mentira que non tería importancia se serve ó fin prefixado. Todo vale se serve para manter a iniciativa, motor de futuro social, dentro do redil particular construído.




















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



