NOTA DE PRENSA
Un técnico da Xunta de Galicia visitará a escola ao longo da tarde de hoxe para comprobar o estado das instalacións e as deficiencias do tellado despois de meses de abandono por parte da anterior administración autonómica en complicidade co silencio e a falta de interese do Goberno municipal
BENESTAR AMAÑARÁ A CUBERTA DA ESCOLA INFANTIL DE BURELA EN AGOSTO APROVEITANDO QUE OS RAPACES NON TEÑEN CLASE
* As obras, que se acometerán con carácter de urxencia, consistiran na reposición da cuberta e retirada da lona que desde fai sete meses intenta evitar as filtracións de auga no comedor e nos espazos de xogo dos nenos e nenas que fan uso do servizo.
* O deputado popular clarexa que a anterior Vicepresidencia do Benestar non se preocupou de adoptar os trámites oportunos para realizar as reparacións necesarias. “Tiveron que ser os novos responsables autonómicos quen, tras acceder ao Goberno, decidiron levar adiante as oportunas obras coincidindo coas xornadas non lectivas na Escola”.
* A precariedade das instalacións afectadas polos temporais de inverno xa foi denunciada polo Partido Popular que meses atrais estaba a facerse eco do malestar das nais e pais. Por aquel entonces Neves Cando defendía o proceder dos responsables da anterior Xunta de Galicia e a súa desidia á hora de solucionar os problemas detectados
A Mariña, 15 de xuño de 2009.- A Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia procederá a amañar a cuberta da Escola Infantil de Burela en agosto, aproveitando a época estival –con menos choivas- e en período non lectivo –durante o cal os nenos e nenas usuarios do servizo non teñen clases- para evitar os trastornos que podería provocar a execución dos traballos de reparación do tellado de acometerse nestes momentos. Así o explicou o deputado autonómico do Partido Popular, Jose Manuel Balseiro Orol citando fontes da Xunta de Galicia.
AVALIACIÓN TÉCNICA DAS INSTALACIÓNS
Precisamente ao longo da tarde de hoxe un técnico da Secretaría Xeral de Benestar desprazarase ata a Escola Infantil co obxecto de verificar o estado das instalacións. Tamén avaliará a gravidade das deficiencias detectadas no tellado e os pasos a seguir para o seu completo arranxo despois de sete meses de abandono por parte da anterior administración autonómica que se limitou a cubrir a zona que presentaba as goteiras cunha lona.
DECISIÓN DOS ACTUAIS RESPONSABLES
“É unha mágoa que desde a Vicepresidencia da Xunta de Galicia non aproveitasen outro período para acometer o arranxo destas filtracións de auga e da cuberta. De feito estou en disposición de adiantar que non había ningunha decisión adoptada neste sentido. Foron os novos responsables da Consellería do Benestar os que, tras acceder ao Goberno de Galicia, se preocuparon por esta cuestión e puxeron en marcha os trámites necesarios para efectuar esta reparación de urxencia coincidindo coa época na que non hai nenos e nenas facendo uso da Escola” – explicou Balseiro-
DENUNCIA DO PARTIDO POPULAR
Precisamente no seu momento foi o propio Partido Popular de Galicia quen facéndose eco do malestar de moitas familias usuarias do servizo denunciou as deficiencias nas instalacións e, de xeito especial, a falta de interese da extinta Vicepresidencia da Xunta de Galicia que non estaba a amañar o tellado da Escola pese a ter constancia de que, despois dos temporais de vento e choiva do pasado inverno, se estaban a producir filtracións de auga e goteiras na zona do comedor, espazos comúns e áreas de xogo das que facían uso os nenos e nenas matriculados.
Por aquel entonces Neves Cando defendía o proceder da anterior Xunta de Galicia que actuaba con desidia ante os problemas detectados, a diferenza do que fai agora que sae á palestra cando si existe vontade manifesta de acometer as reparacións da cuberta da Escola Infantil. “A señora Cando está a protagonizar un acto de profunda demagoxia do que estou seguro serán moi conscientes todos os veciños de Burela. Non ten sentido que antes defendera a pasividade da Xunta bipartita e agora afirme que se trata dunha actuación prioritaria. Non seu momento non se preocupou polos nenos e nenas usuarios da Escola Infantil ou, de preocuparse non lle fixeron ningún caso os seus compañeiros na Xunta. Agora somos outros os que, por compromiso e por coherencia, vamos a amañar esta situación”- concluíu Balseiro- que agradeceu a preocupación amosada pola secretaria xeral de Benestar, Susana López Abella.




















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



