REFERENCIA
OUTUBRO
————————————————————
Sábado 2: Teatro a Adala. Ilusións. Buxiganga Deputación. Teatro
afeccionado
Lugar: Teatro Pastor Díaz
Hora: 20.30
Autor: Francisco Piñeiro.
Dirección: Francisco Piñeiro.
Sipnose: Esta obra trátase dunha comedia dun único acto de 90 minutos de
duración , na que se reflexiona sobre a perda de valores humanos en
conflicto co desenvolvemento actual. Amósase unha crítica satíricocómica
coa que se pretende afrontar a realidade que nos toca vivir.
Sábado 9: Bengala Produccións. Ópera en familia. Livietta e Tracollo de
Pergolesi .Xacobeo Classics.
Hora: 18.00 h.
Público: familiar.
A terceira entrega deste ciclo de “Ópera en Familia”, é unha ópera corta
de Giovanni Battista Pergolesi, compositor napolitano do periodo barroco,
chamada “Levietta e Tracollo”, que utiliza situacións típicas do teatro
cómico e mesmo da Comedia dell’Arte, para xogar o engano entre os
protagonistas por medio do travestismo que mesmo axudan o compositor a
crear unha cariturización musical de particular eficacia, ou como parodia
de situacións comúns da ópera seria o través dunha serie de efectos
onomatopéicos de gran eficacia dramático-musical.
Xoves 14:
O FILLO DO TRONO é unha campaña ideada e coordenada pola Editorial
Galaxia dirixida ao alumnado do segundo ciclo de Primaria, que pretende
explicar, dunha maneira amena, que é o Camiño de Santiago.
A campaña gravita ao redor de tres elementos:
UN LIBRO: A CONTAR ESTRELAS NO CAMIÑO
UNHA CURTAMETRAXE: O libro vén acompañado dun DVD que
contén a curtametraxe O FILLO DO TRONO
UNHA OBRA DE TEATRO: CARA AO CAMPO DAS ESTRELAS.
Unha montaxe de SARABELA TEATRO
Función escolar
Lugar: Teatro Pastor Díaz.
Sábado 16: Axóuxeres. O velorio de Xan Perolo. Buxiganga. Deputación.
Teatro afeccionado
Lugar: Teatro Pastor Díaz
Hora: 20.30 h.
Autor: Adaptación dos textos OS cravos de prata de Nicolás Bela
Dirección: Benito García Bolaño
Sinopse: Xan é un vello avaro que ten unha graqnxa e mais unhas
destilaría. Vive coa súa muller Ana e máis o seu irmán Pepe. Cando a
peza comeza obsérvase a Xan que , moi enfermo na cama, está a preparar
o seu velorio e enterro. E mos importante para el que sexa mellor que o do
seu veciño, o señor Besteiro. Máis tarde aparece o médico, no entanto no
intre en que o está a recoñecer, Xan sofre un acceso de tose e pide chamar
polo cura para se confesar. O resto terano que ver en directo.
Sábado 23: Lagarta Lagarta. Os segredos do Hoffman. RGTA
Lugar: Teatro Pastor Díaz
Hora: 20.30 h
Autor: Roberto Salgueiro, Alejandro Palomas
Dirección: Rosa Álvarez
Duración do espectáculo: 1h 30 min
Clasificación: Teatro adultos / Comedia
Elenco: Xosé Barato, Ernesto Chao, Belén Constenla, Rebeca Montero
Sipnose: Catro membros dunha familia, rota por un segredo oculto durante
anos, reúnense con motivo do falecemento da avoa Constanza.
Os seus recordos, soños e anhelos describen un universo pechado, de
enorme carga emotiva, nun texto coral que debulla unha historia intensa e
envolvente.
Baseada na novela de Alejandro Palomas, finalista do Premio Torrevieja
2008
Sábado 30. Metátese Teatro. Fábrica de soños. Buxiganga Deputación.
Teatro afeccionado
Lugar: Teatro Pastor Díaz
Hora: 20.30 h.
Autor Afonso García Penas
Dirección: Afonso García Penas
Sinopse: Fábrica de soños mergulla ao público un heteroxéneo universo de
situación cun elevado grao de realismo e humo. Ao longo destas divertidas
historias, o espectador transitará pòr diversas sensacións que provocarán o
sorriso e a reflexión.
NOVEMBRO
————————————————————
Sábado 6: Bambalinas asesinas. Maté a un tipo. RGTA
Lugar: Tetro Pastor díaz
Hora: 20.30
Duración espectáculo: 65 minutos
Clasificación: Teatro adultos / Comedia
Elenco artístico / formación: Sergio Pazos, Tonino, Asha Wizuete, Anais
Yedra
Sinopse:
¿Quén non sentiu verdadeiros desexos de matar ao tipo que se demora
horas diante de nós no caixeiro automático? ¿Encubrirías á túa parella ou
ao teu pai se che confesara que se convertiron de repente nun atípico
asasino en serie? “Maté a un tipo” é unha comedia negra que se convirte
en drama surrealista ata que un psicólogo empeza a afondar nas relacións
desta familia de clase media donde o hábito de matar acaba por convertirse
nun auténtico vicio.
Sábado 13: Elefante elegante. O forno. RGTA
Lugar: Teatro Pastor Díaz
Hora: 18.00 h.
Autor: Dominique Baeyens, Gonçalo Guerreiro, María Torres e Miguel
Camino
Dirección: María Torres e Gonçalo Guerreiro
Clasificación: todos os públicos / Comedia
Duración do espectáculo: 70 min
Elenco artístico / formación: Gonçalo Guerreiro, María Torres, Mónica
Varela, Pablo Sánchez e Álex Fente.
Texto de carácter promocional: O forno é un espectáculo musical de
Commedia dell’Arte sobre a sociedade de consumo contemporánea
destinado a todos os públicos.
Na aldea de Flordelís todo é harmonía. Os habitantes do pobo reúnense ao
redor do forno para amasar e cocer un gran pan que será compartido por
todos. Mais un día, Madame Lisette, a comerciante, ten a idea de facer un
pan só para ela… e por riba… con sucre! A reacción vai en cadea e as
consecuencias son catastroficamente divertidas.
Sábado 20: Concerto Santa Cecilia da BMMV
Lugar: Teatro Pastor Díaz
Hora: 21.00 h.
Sábado 27: Teatro do Atlántico . Afterplay. RGTA
Lugar: Teatro Pastor Díaz.
Hora: 20.30 h
Autor: Brian Friel
Dirección: Xúlio Lago
Elenco: Sónya Serebriakowa: MARÍA BARCALA.
Andrey Prozórov: GONZALO M.URIARTE
Duración do espectáculo: 75 min
Clasificación: Teatro adultos / Comedia
Sinopse:: Moscova. Frío inverno. Sonya Alexandrowa e Andrey Prozórov
coinciden nun pequeno café onde, grazas ao wodka, debullan as súas vidas
entre verdades e mentiras
DECEMBRO
————————————————————
Sábado 4: Cuarteto vocal La Cama. RGTA
Lugar: teatro Pastor Díaz
Hora: 20.30 h.
Julia Cea, soprano
Nuría Gª Amigo, contralto
Txemi Jiménez, tenor
Victor ares, bajo
Os catro compoñentes deste grupo vocal son experimentados cantantes
galegos que empezaron a súa formación nos conservatorios das súas
cidades natais e cantaron en diferentes agrupacións corais, non só galegas,
senón tamén internacionais.
Sinopse: Os autores do Rexurdimento francés, inglés e español transmiten
a música dunha época, dun tempo pasado. A vida das persoas e os seus
sentimentos a través da música .Os poetas galegos mostran coas súas letras
e músicas as tradicións e os sentimentos da vida dos galegos.
Sábado 11: Viravolta Títeres. Historia dun soldado
Lugar: Teatro Pastor Díaz
Hora: 18.00 h.
Clasificación: Teatro infantil / Monicreques
Quidam trío: Xosé Manuel Yáñez, Mariola Gil Lago, Beatriz Rodríguez
Caridad.
Titiriteiros: Anxo García, Pilar Álvarez, Julio Balado.
Primeira parte: Catro pezas de compositores galegos contemporáneos.
Segunda parte:
Espectáculo de sombras con formato de concerto: música de piano, violín e
clarinete, onde se conta a historia dun soldado de permiso que, de volta á
casa, atopa o demo no seu camiño; o demo, engaiolado polos sons que saen
do violín, intenta trocalo por un libro máxico no que poderá ver todas as
cousas marabillosas do mundo. Enganado polo demo, o soldado acepta e
queda atrapado nas mentiras e trampas que vai urdindo este coa clara
intención de levalo para o…
Domingo 26: Tamara Lorenzo. Piano. RGTA
Lugar: Teatro Pastor Díaz
Hora: 20.00 h.
Tamara Lorenzo Gabeiras vén ofrecendo concertos en diferentes países
de Europa dende os 15 anos. París, Cracovia, Varsovia, Katowice, Granada,
Teruel, A Coruña etc. É gañadora de premios en concursos nacionais e
internacionais e tamén bolseira de organizacións privadas e organismos
públicos.Recentemente gravou un cd promocional coa colaboración da
Fundación Paideia e da Deputación Provincial da Coruña. Na temporada
2008/09 ampliará as súas actuacións con concertos en latinoamérica: Chile
e Brasil.
Organiza: Concellería de Cultura do Concello de Viveiro
Patrocina:
Excmo. Concello de Viveiro
AGADIC –RGTA
XACOBEO 2010.
VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO.
BUXIGANGA
GALAXIA
————————————————————






















Será o sábado 23 de maio, nas Letras no Campo, Feira do libro ribadense, nun acto no que estará acompañado de Suso Fernández Acevedo.
O acto terá lugar o vindeiro luns 18 de maio, coincidindo coa celebración do Día Internacional dos Museos, unha data sinalada para poñer en valor o patrimonio cultural e mariñeiro do concello. Tras un período de traballos de mellora e adecuación, o museo —un referente na comarca— reabre para ofrecer ás persoas visitantes unha viaxe inmersiva a través da herdanza mariñeira, da industria conserveira e da estreita relación das súas xentes co Cantábrico.
Nesta ocasión participará Susana Vázquez Fernández, coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda, que impartirá o faladoiro “Xestión do ánimo”, centrado en técnicas de relaxación, pensamento positivo e coidado da saúde mental para mellorar o benestar emocional. A actividade está aberta á veciñanza e busca crear un espazo para compartir, aprender e coidarse en comunidade. Conta co apoio e colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
Unha obra para todos os públicos. Hora: 20.00. Entrada libre ata completar aforo, non é necesario facer reserva de entradas.
O mozo ciclista continúa a demostrar o gran nivel desta tempada, na que suma xa un primeiro posto e un terceiro nas últimas probas das Escolas de Ciclismo da Federación Galega. Uns resultados que reflicten o seu esforzo, constancia e paixón polo deporte. O Concello tamén quixo poñer en valor o traballo do club Medela MTB, pola súa aposta pola formación e polo deporte base, acompañando aos máis novos no seu crecemento deportivo e persoal. Desde Cervo trasladan os parabéns a Mateo e á familia Medela, e destacan o orgullo polos éxitos e pola excelente tempada que están a realizar.
O encontro incluíu sesión vermú amenizada polo Dúo The Poker e unha comida popular con empanada, embutido, croquetas, xamón cocido, tenreira asada e sobremesa. Pola tarde continuou a música e realizáronse sorteos de agasallos achegados polas asociacións colaboradoras. A iniciativa foi organizada pola Asociación O Castelo, en colaboración coas asociacións parroquiais e o Concello de Alfoz, que agradeceron a ampla participación. Durante a xornada tamén houbo un momento de lembranza para Jorge Val, exalcalde falecido hai un ano, destacando o apoio que brindou ás asociacións locais.
Celebrarase o venres 29 de maio ás 17:00 h e será gratuíta. Abordará o papel dos poliquetos no ecosistema mariño, as súas características e os riscos do uso de especies exóticas, con proxeccións e maquetas de varias especies empregadas como cebo. Impartiraa o grupo BIOCOST da Universidade da Coruña e está organizada por Posta de Encontro xunto con RedeMar, Xunta de Galicia, Federación Galega de Confrarías e a UDC. Reservas: WhatsApp no 634 97 08 86; 982 13 19 23; buenas@capturaspesca.com ou directamente na tenda Capturas Pesca, onde se celebrará o evento (Av. Leopoldo Calvo Sotelo 49, Ribadeo).



