Notas de Prensa
A DIRECCIÓN XERAL DE EMERXENCIAS E INTERIOR ALERTA DUN FENÓMENO ADVERSO DE NIVEL VERMELLO POR CHOIVAS E AMPLIA A ALERTA LARANXA VIXENTE
* Na provincia de Pontevedra e Ourense espéranse choivas que poderán acadar os 130 mm en 12 horas
* Tamén ampliase a alerta laranxa para as zonas de montaña e sur de Lugo, así coma á totalidade das zonas das provincias de Ourense e Pontevedra non afectadas pola alerta vermella
Santiago, 3 de outubro de 2010.- A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza alerta dun episodio de meteoroloxía adversa de nivel vermello por choivas.
Segundo as predicións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), espéranse choivas,que poderán acadar os 130 mm en 12 horas nas zonas Noroeste, Miño e Sur da provincia de Ourense, e no interior da provincia de Pontevedra
Nivel laranxa
Ademais, a Dirección Xeral de Emerxencias tamén informa da ampliación do nivel de alerta laranxa para as zonas da Montaña e Sur de Lugo, así como no resto das zonas das provincias de Ourense e Pontevedra, non afectadas pola alerta vermella. Na zona Centro da Provincia de Lugo a precipitación acumulada en 12 h será de 80 mm. Esta situación está prevista que remate ás 20,00 do día de hoxe.
Continúan sendo válidos os datos correspondentes á alerta laranxa emitida anteriormente, e que son alerta por choiva ata as 16:00 horas, no oeste e suroeste da provincia de A Coruña e Pontevedra. Espéranse tamén ata as 22.00 horas, rachas máximas vento de 100 km/h, nas provincia da Coruña e Pontevedra, e na mariña lucense.
Así, co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación de meteoroloxía adversa a todos os concellos que poidan estar afectados da Comunidade Autónoma, aos organismos das administracións estatais, locais e autonómicas, aos servizos provinciais de Protección Civil da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e aos clubs náuticos. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.
Tamén recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas básicas de protección. E, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.























Será o sábado 23 de maio, nas Letras no Campo, Feira do libro ribadense, nun acto no que estará acompañado de Suso Fernández Acevedo.
O acto terá lugar o vindeiro luns 18 de maio, coincidindo coa celebración do Día Internacional dos Museos, unha data sinalada para poñer en valor o patrimonio cultural e mariñeiro do concello. Tras un período de traballos de mellora e adecuación, o museo —un referente na comarca— reabre para ofrecer ás persoas visitantes unha viaxe inmersiva a través da herdanza mariñeira, da industria conserveira e da estreita relación das súas xentes co Cantábrico.
Nesta ocasión participará Susana Vázquez Fernández, coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda, que impartirá o faladoiro “Xestión do ánimo”, centrado en técnicas de relaxación, pensamento positivo e coidado da saúde mental para mellorar o benestar emocional. A actividade está aberta á veciñanza e busca crear un espazo para compartir, aprender e coidarse en comunidade. Conta co apoio e colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
Unha obra para todos os públicos. Hora: 20.00. Entrada libre ata completar aforo, non é necesario facer reserva de entradas.
O mozo ciclista continúa a demostrar o gran nivel desta tempada, na que suma xa un primeiro posto e un terceiro nas últimas probas das Escolas de Ciclismo da Federación Galega. Uns resultados que reflicten o seu esforzo, constancia e paixón polo deporte. O Concello tamén quixo poñer en valor o traballo do club Medela MTB, pola súa aposta pola formación e polo deporte base, acompañando aos máis novos no seu crecemento deportivo e persoal. Desde Cervo trasladan os parabéns a Mateo e á familia Medela, e destacan o orgullo polos éxitos e pola excelente tempada que están a realizar.
O encontro incluíu sesión vermú amenizada polo Dúo The Poker e unha comida popular con empanada, embutido, croquetas, xamón cocido, tenreira asada e sobremesa. Pola tarde continuou a música e realizáronse sorteos de agasallos achegados polas asociacións colaboradoras. A iniciativa foi organizada pola Asociación O Castelo, en colaboración coas asociacións parroquiais e o Concello de Alfoz, que agradeceron a ampla participación. Durante a xornada tamén houbo un momento de lembranza para Jorge Val, exalcalde falecido hai un ano, destacando o apoio que brindou ás asociacións locais.
Celebrarase o venres 29 de maio ás 17:00 h e será gratuíta. Abordará o papel dos poliquetos no ecosistema mariño, as súas características e os riscos do uso de especies exóticas, con proxeccións e maquetas de varias especies empregadas como cebo. Impartiraa o grupo BIOCOST da Universidade da Coruña e está organizada por Posta de Encontro xunto con RedeMar, Xunta de Galicia, Federación Galega de Confrarías e a UDC. Reservas: WhatsApp no 634 97 08 86; 982 13 19 23; buenas@capturaspesca.com ou directamente na tenda Capturas Pesca, onde se celebrará o evento (Av. Leopoldo Calvo Sotelo 49, Ribadeo).



