Foz, 2 de setembro de 2015.- O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, reuniuse en Santiago co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo. No encontro trataron temas de importancia para a comarca e para Foz e o presidente autonómico anuncioulle a licitación das obras de ampliación do Hospital da Costa de Burela nos próximos meses, antes de que acabe este ano 2015. Castiñeira destacou tamén a boa disposición de Feijoo para avanzar na construción da nova depuradora de augas residuais para Foz, no saneamento das parroquias, na posta en servizo da residencia de maiores e na promoción turística do municipio.
“No día de onte tiven unha reunión en Monte Pío co presidente da Xunta de Galicia para falar de asuntos importantes do noso concello e da Mariña. Un dos motivos importantes da visita era trasladarlle ao presidente da Xunta a inquedanza dos mariñáns ante a obra máis importante da nosa comarca nos últimos anos, que é a ampliación do Hospital da Costa. A resposta do presidente da Xunta é moi tranquilizadora, posto que me confirmou que antes de que remate 2015, nestes próximos meses, serán licitadas as obras de ampliación do Hospital da Costa. Polo tanto, moi boas e importantes noticias para todos os mariñáns, porque isto supón que a ampliación do Hospital da Costa vai para diante. O ano 2016 será moi importante para o comezo destas obras de ampliación”, asegurou o rexedor municipal focense.
Outros dos temas tratados na reunión foi o proxecto do corredor entre Barreiros e San Cibrao, para o que Castiñeira pediu ao presidente autonómico “apoio para que a Xunta inste ao Goberno Central a iniciar o antes posible, tal e como fixen no seu momento coa ministra, os proxectos e a obra do corredor Barreiros-San Cibrao, para que se una o antes posible co tramo da Xunta de Galicia”. Segundo o alcalde, Feijoo amosoulle a súa mellor disposición para tratar de que se cumpran os prazos establecidos na realización destas obras.
O saneamento e a depuración de augas tamén estiveron presentes na reunión. No caso da nova depuradora de augas residuais para Foz, Castiñeira salienta “o compromiso co financiamento da depuradora unha vez teñamos localizado o punto final de ubicación, no que tamén podemos adiantar que hai bastantes avances”.
O apoio da Dirección Xeral de Turismo á promoción de Foz foi outro dos puntos da reunión: “despois dun verán con moita ocupación soliciteille apoio para potenciar turisticamente o noso municipio e, sobre todo, para tratar de que sexa atractivo para inversións privadas, necesarias e vitais para que Foz poida ser un pobo turístico de referencia na nosa comarca. Necesitamos ese compromiso da Xunta de Galicia para trasladarlle a inversores privados a posibilidade de que Foz teña suficiente capacidade hoteleira. Para iso precisamos os contactos da Dirección Xeral de Turismo para tratar de iniciar conversas con promotores turísticos particulares”, comentou o rexedor focense.
“A reunión tamén serviu para poder agradecerlle ao presidente da Xunta o seu compromiso con Cangas, polo remate nestes días da segunda fase das beirarrúas da parroquia e, sobre todo, para ter o compromiso do presidente de que no ano 2016 se abrirá o novo xeriátrico de Foz. Moi probablemente estea rematado en decembro de 2015 para, a partir de aí, o antes posible equipar ese centro e sacar a concesión do seu servizo”, engadiu Javier Castiñeira, que rematou comentando que “foi unha reunión moi frutífera, moi produtiva. No eido persoal, verdadeiramente intensa e satisfactoria para min. E agradecemos ao máximo ao presidente da Xunta o seu compromiso co noso concello”.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



