Ribadeo, 2 de setembro de 2015.- O Concello acometeu nos últimos días a limpeza do encoro de Lexoso, situado na parroquia de Covelas, do que se extraeron 1.400 metros cúbicos de area e de terra. Así o anunciou o alcalde, Fernando Suárez, que indicou que a intervención se realizou con fondos propios cun orzamento de 13.000 euros.
O rexedor explicou que “nestes últimos días aproveitando o pouquísimo caudal que traía o río Grande estivemos dende o Concello de Ribadeo executando os traballos de limpeza da area e da terra do encoro de Lexoso, un dos dous puntos de abastecemento de auga que temos en Ribadeo. Hai que ter en conta que o outro está no río Eo, en Vilarbetote, no veciño concello de Trabada”.
Fernando Suárez indicou que “estivemos traballando ao longo deste último ano para conseguir unha complexa serie de autorizacións autonómicas e doutras administracións para poder limpar e lograr con iso unha maior capacidade de almacenamento de auga, para abastecer tanto ás parroquias do interior como a propia vila de Ribadeo. De feito, extraéronse uns 1.400 metros cúbicos de terra deste encoro, que se foran acumulando ao longo dos últimos anos, especialmente despois das riadas que foron provocando que a capacidade de acopio de auga estivese sensiblemente reducida, co perigo de desabastecemento que tiña para a poboación en momentos de rotura da outra canalización”.
Estas obras están sufragadas na súa totalidade polo Concello de Ribadeo e ascenden a uns 13000 euros, segundo indicou Suárez. A empresa Isidro Otero, de Mondoñedo, foi a encargada de acometer os traballos.
O alcalde ribadense aproveitou a ocasión para lembrarlle a Augas de Galicia a precaria situación da canalización que abastece de auga Ribadeo dende o Eo: “con todo, aínda que a limpeza do encoro de Lexoso está feita e ben feita, non quita da necesidade da substitución da vella canalización de auga que vén dende Trabada, a máis de 20 quilómetros de Ribadeo. É unha tubería que data dos anos 70 e provoca numerosas roturas ao longo do ano pola súa vellez, algo do que Augas de Galicia e Xunta son perfectos sabedores ao longo destes últimos anos polas comunicación e avisos verbais e escritos que lles temos reiterado en numerosas ocasións”.
Neste aspecto, Suárez chama á boa sintonía entre administracións polo interese dos veciños: “confío en que o espírito de colaboración entre as distintas administración chegue a bo porto polo ben dos veciños e que a Xunta execute estas obras, do mesmo xeito que Augas de Galicia e a Xunta nos cobran periodicamente aos veciños e ás veciñas tanto o canon da auga como o de saneamento”.



















A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
A artista manchega, coñecida pola súa mestura de raíz tradicional e sonoridades actuais, ofrecerá un directo íntimo e cheo de forza o sábado 20 de xuño ás 22:30 horas. Será unha noite para gozar da música con calma, entre amigos, nun ambiente próximo e acolledor, onde as cancións se comparten case como se fose unha conversa arredor dunha mesa. As entradas xa están dispoñibles en woutick!, polo que se recoméndase adquirilas con antelación para non quedar sen sitio nesta cita única.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada, entre 12 e 19 horas, realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.



