2 de setembro de 2015.- Tras a convocatoria de folga que declarou a Asociación de Xogadores de Fútbol Sala (AJFS) que afecta ás catro primeiras xornadas de Liga en Primeira División, os Clubs da Liga Nacional de Fútbol Sala (LNFS), mantiveron unha reunión este mércores onde, tras analizar as actuacións da AJFS, determinaron por unanimidade que se manterá a disputa das devanditas xornadas de Liga, respectando o desexo daqueles xogadores que non queiran secundar a folga.
Tras a reunión mantida este mércores en Madrid, os Clubs da LNFS desexan comunicar os seguintes acordos alcanzados por unanimidade:
1.- Os Clubs da LNFS desexan mostrar o seu respecto ao dereito a folga de calquera traballador.
2.- De igual modo, amparados polo dereito ao traballo, os Clubs da LNFS manifestan que a disputa da competición programada no calendario deportivo se levará a cabo.
3.- Os actuais Clubs que forman a LNFS rexeitan a petición da AJFS de crear un fondo de garantía salarial de 320.000 € o primeiro ano, 330.000 € o segundo e 340.000 € o terceiro, que inclúe tamén o pagamento de débedas por pactos de palabra, sen control fiscal de clubs desaparecidos ou mal xestionados que pertencesen á LNFS durante algún período ou a totalidade da tempada, é rexeitado por consideralo impropio e irreal.
4.- A LNFS non acepta nin recoñece outro contrato que non sexa o oficial, que estea depositado na LNFS, e no que se reflicte o pagamento de Seguridade Social e IRPF.
5.- Dende que hai tres anos se constituíu a Comisión Mixta (clubs, xogadores e RFEF), todas as denuncias por incumprimento de contratos oficiais foron falladas e cobradas polos xogadores.
6.- Ante a petición de crear un fondo social para a AJFS de 25.000 € o primeiro ano, 30.000 € o segundo e 35.000 € o terceiro, os clubs da LNFS non consideran axeitado financiar a AJFS, tendo en conta que é unha institución privada e allea á LNFS, así como tamén porque se podería considerar unha inxerencia na súa independencia.
7.- Segundo o acordado na Xunta Directiva e na reunión de Clubs do pasado 8 de Xullo, a LNFS desexa asinar un Convenio coa AJFS que non poña en risco a viabilidade dos clubs actuais, dos seus xogadores de Primeira e Segunda División e os seus empregados, e sempre que este Convenio obrigue a todas as partes (clubs e xogadores) a cumprir coas obrigas legais e fiscais.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
