Ribadeo, 25 de novembro de 2016. A Casa da Xuventude acolleu este venres a presentación das actividades que levará A Chocolateira do 3 ao 11 de decembro.
A Chocolateira é un proxecto de innovación social organizado polo Concello de Ribadeo en colaboración con La Caixa. Doce son as persoas que forman parte de A Chocolateira cun fin común, que é conseguir emprego e transformar realidades aportando os seus coñecementos e experiencias multidisciplinares. Un dos seus primeiros traballos será continuar coa recuperación da memoria histórica do antigo tren mineiro Ribadeo-A Pontenova, coñecido como A Chocolateira, que percorreu e axudou no crecemento da economía local.
Ao longo dos vindeiros días haberá unha exposición na antiga oficina de turismo, realizarase unha ruta de sendeirismo e unha manta solidaria, entre outras actividades, que foron presentadas esta mañá por Carmen Amor e Susana Álvarez, integrantes de A Chocolateira, que estiveron acompañadas pola Concelleira de Desenvolvemento Local, Ana Martínez.
A edil nacionalista manifestou: “estou moi orgullosa do seu esforzo porque se ben é un proxecto pioneiro e diferente, polo que quero agradecer aquí a posta en marcha á nosa técnica Mónica Barcia, porque realmente sae da súa cabeza esta idea, e penso que xa forma parte das ideas doutros concellos para levar adiante no resto de Galicia”.
A concelleira de Desenvolmento Local subliñou que “é un proxecto diferente porque o que busca é apostar polas persoas, non buscar un curso concreto de ensinar técnicas de emprego. Aquí vós os chocolateiros e as chocolateiras sodes parte activa, sodes a parte importante do proxecto e sodes vos quen facedes o proxecto.
Nosoutros cremos que desde as administracións debemos buscar ese impulso, crear un novo contexto onde se valore e aposte polas persoas, que se busque o traballo en rede, o traballo colaborativo, que se busque un enfoque social tamén a esa idea de emprender e de traballar en común. Cremos que non soamente hai que buscar, que tamén, as habilidades persoais que tedes cada un para levar adiante o voso ideario de vida, o que queredes buscar no desenvolvemento persoal e laboral ao longo da vosa vida, senón que tamén é importante ter en conta Á sociedade, buscar o proxecto común e aquí é o que hoxe estamos a presentar”.
Ana Martínez manifestou: “non estamos a falar exclusivamente de A Chocolateira como un proxecto diferente na busca de emprego, senón que estamos a falar do voso esforzo colectivo que creo que é un reto moi importante, pero que tamén saca para adiante o voso esforzo persoal”.
Pola súa banda unha das promotoras deste proxecto, Susana Álvarez, explicou que “as actividades comezará o día 3 de decembro, cando inauguraremos unha exposición na antiga oficina de turismo. Aí exporemos unha maqueta da Chocolateira e obras tanto de carácter antigo, como poden ser documentos históricos cedidos por xente que ten coleccións privadas, ao igual que cousas con outra visión máis do agora. Contaremos con artistas coñecidos da zona, e a verdade é que paga moito a pena. Os debuxos dos nenos tamén estarán nese lugar e poderedes ir velos porque fixemos un traballo previo que foi contar uns contos tanto no Gregorio Sanz como no Sagrado Corazón de Xesús”.
Álvarez engadiu que “o día 4 de decembro imos saír de excursión. Haberá unha ruta de sendeirismo e hai que anotarse para ter sitio no autobús que irá ata San Tirso de Abres desde onde iremos camiñando ata A Pontenova. Alí teremos unha chocolatada grazas a Chocolates Moreno, que nos dá o chocolate e a Casa Quintián, que nos dá o leite. Seguiremos coa exposición ao longo de toda a semana, e o martes, día 6, ás sete da tarde no auditorio da Casa do Mar, estará Xosé Reigosa que porá o documental da Chocolateira que fixo hai anos. Contaranos as súas vivencias mentres o gravaba. Ademais todas as semanas seguimos tecendo vías solidarias e nexos de unión entre as persoas. Culminaremos o sábado 10 sobre ás once da mañá compoñendo esas mantas solidarias que imos doar para a loita contra o cancro, e o día 11 será a clausura. Esperamos que esta exposición poida ser itinerante, que alguén queira levala aos distintos Concellos, e que sigamos traballando por un futuro mellor para a nosa zona”.
Por outra banda a integrante do equipo promotor Carmen Amor asegurou que “lo que os podemos contar sobre este proyecto es que ha sido apasionante. Ha sido con un equipo de gente muy distinta, todos venidos de muchas actividades diferentes, pero hemos conseguido unirnos todos en una sola persona y hacer que este proyecto vaya adelante con muchísima ilusión, y contando también con muchísima gente que nos ha respaldado”.
Carmen Amor salientou que “es un proyecto muy divertido además del reto personal que podamos tener, podría hacerse un compendio. Esto sería un reto ya no solamente personal, es colectivo pero está aunando también el personal”.
A Chocolateira conta coa colaboración dos Concellos de A Pontenova, Trabada, Vegadeo, San Tirso de Abres e Ribadeo, así como de Chocolates Moreno, Casa Quintián e Katia. O proxecto está patrocinado por La Caixa.






















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



