Mondoñedo, 17 de abril de 2017.- O Concello de Mondoñedo subvencionará obras de mantemento e intervención en edificacións do casco histórico, en concreto en vivendas da Área de Rehabilitación Integral.
O Goberno local aprobou esta convocatoria de axudas, que conta cun orzamento de 143.017,19 euros e un número máximo de actuacións de 25, na sesión plenaria do mes de marzo e, en breves, segundo indica a alcaldesa da localidade, Elena Candia, publicaranse as bases no Boletín Oficial da Provincia, data a partir da cal se abrirá un prazo de dous meses para a presentación das solicitudes.
Candia pon en valor a necesidade de promover esta convocatoria de axudas por parte da administración local dado que considera de “importancia manter en bo estado de conservación o noso casco histórico”. “Son unhas axudas moi demandadas e relevantes para colaborar economicamente con actuacións que permitirán afondar na rehabilitación da nosa cidade”, precisa.
Bases
As bases desta convocatoria de axudas establecen que poderán ser beneficiarios das subvencións os propietarios de vivendas ou donos únicos de edificios de vivendas, así como as comunidades de propietarios, as agrupacións de comunidades e os consorcios e entes asociados de xestión. Así, precisase que cando a execución da actuación corresponda a varios beneficiarios, a axuda distribuirase en proporción ao custo asumido por cada un deles.
Na convocatoria, considéranse actuacións protexidas aquelas que conten cun orzamento mínimo por vivenda rehabilitada ou que participe nos custos de rehabilitación dun edificio de 1.000 euros. A contía da axuda será dunha porcentaxe máxima do 35% do orzamento de execución material cun límite máximo de ata 11.000€ por actuación.
De igual xeito, regúlase que o prazo máximo de execución destas obras será ata o 31 de decembro de 2017, coa posibilidade de amplialo según autorización do IGVS. Deste xeito, inclúense como actuacións subvencionables a execución de obras ou traballos de mantemento e intervención en edificios e vivendas, instalacións fixas, equipamento propio e elementos comúns, co fin de adecualos á normativa vixente. Poderán acollerse ás axudas as actuacións xa iniciadas pero que non estean finalizadas a data da presentación das solicitudes. De igual xeito, poderán engadirse os honorarios dos profesionais, o custo de redacción de proxectos, informes técnicos e certificados precisos, así como os gastos derivados da tramitación administrativa, sempre que todos eles estean debidamente xustificados , excluídos impostos, taxas e tributos.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



