Lugo, 23 de outubro de 2017. O Goberno da Deputación ofrece este sábado, obradoiros gratuítos e para todas as idades, nos 4 museos da provincia, con motivo do Samaín. Así o informou este luns a Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto. As actividades terán lugar no Museo Provincial de Lugo, no Museo Fortaleza de San Paio de Narla en Friol, no Museo Provincial do Mar en Cervo, e no Museo Pazo de Tor en Monforte de Lemos. Os interesados en participar nestes obradoiros poden inscribirse nos museos onde se realizan as actividades.
As 4 actividades gratuítas que ofrece o Goberno da Deputación este sábado nos 4 museos da Rede Museística Provincial son:
– No Museo Provincial de Lugo, de 11:00 a 13:00 horas, terá lugar o obradoiro Samaín no museo. Está dirixido a nenos de entre 8 e 12 anos e conta con 15 prazas. Os participantes coñecerán as orixes do Samaín, realizarán baleirados de cabazas e elaborarán disfraces.
– No Museo Fortaleza de San Paio de Narla, en Friol, de 16:00 a 24:00 horas, terá lugar o obradoiro, que conta coa colaboración da Asociación Castronela. Está dirixido ás familias e non hai límite de prazas. Os participantes realizarán baleirados de cabazas, pintado de caras, así como xogos, percorridos arredor da Fortaleza e paseos e actividades no centro de Friol.
– No Museo Provincial do Mar en San Cibrao, no Concello de Cervo, de 11:30 a 13:30 horas, terá lugar o obradoiro Trasnadas de Samaín. Está dirixido a nenos de entre 4 e 14 anos e conta con 15 prazas. Os participantes coñecerán as orixes celtas da actual festa, buscando as raíces de usos como o de baleirado das cabazas, disfraces ou pedir doces.
– No Museo Pazo de Tor en Monforte de Lemos, de 11:00 a 13:00 horas. Está dirixido ás familias e non hai límite de prazas. Os participantes confeccionarán velas e disfraces, así como xogos de pantasmas.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



