Viveiro, 13 de decembro de 2017. O pasado 1 de setembro solicitei unha reunión con D. Francisco Menéndez Iglesias, director da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), para falar do trazado da Vía de Alta Capacidade ao seu paso por Viveiro. Nesa xuntanza pretendía coñecer o estado no que se atopa este proxecto e insistir na necesidade de axilizar a súa tramitación o máximo posible, conseguindo un trazado de consenso para este vial de vital importancia para este municipio.
A día de hoxe aínda non existe data para a reunión e continuamos a ter que coñecer a información que atinxe a este proxecto pola prensa ou por outras canles indirectas. Así soupemos, antes do verán, que nunha intervención no Parlamento de Galicia, se fixo referencia ao novo trazado; posteriormente, nun pleno municipal, un concelleiro do Partido Popular anunciou que o novo trazado estaría listo en breve. Onte, a través da prensa, unha vez máis, tivemos coñecemento das declaracións do Presidente da Xunta de Galicia anunciando que nos primeiros meses de 2018 se presentará a variante de Viveiro. Deixando claro que nos alegramos profundamente desta noticia, queremos manifestar o descontento por esta forma de actuar, sen ofrecernos información directa sobre un asunto de vital importancia para Viveiro.
O Concello de Viveiro é o principal interesado na construción deste tramo da VAC e levamos anos traballando para conseguir que a Xunta de Galicia respete o trazado de consenso aprobado por esa mesma administración, en 2006, durante o goberno do bipartito PSOE-BNG, en 2006. Ese trazado, que fora consensuado, contaba coa aceptación do goberno local, a aprobación do pleno e dos veciños de Viveiro e era froito dun intenso traballo por parte do goberno local no que se atenderon as demandas veciñais, se procuraron informes técnicos, etc.
Cómpre lembrar que o 5 de agosto de 2010, de xeito inesperado e sen ningún tipo de comunicación previa, chegou ao concello, para a súa exposición pública, un novo proxecto (documento complementario para información pública da Vía de Alta Capacidade O Barqueiro-San Cibrao, treito: enlace centro de Viveiro LU/00/063.01.3.0), que recollía un novo trazado, contrario ao consensuado e no que contemplaba a existencia dun enlace con Viveiro en Magazos (que non existía no anterior).
Como dixemos, a partir deste momento, tanto os veciños da parroquia de Magazos, principais afectados por este trazado, como o goberno local iniciamos unha serie de trámites co fin de reclamar que se respectase o trazado aprobado polo goberno bipartito da Xunta de Galicia, considerando que o novo trazado incumpría cos criterios establecidos no anterior.
Consideramos que o único responsable da inexistencia da variante é o goberno popular da Xunta de Galicia, quen, de xeito unilateral e desatendendo o consenso existente, impuxo un trazado que supón un empeoramento das condicións para o Concello de Viveiro, e ante esta circunstancia os gobernos locais, tanto o do Melchor Roel coma o actual, só están a exercer a súa obriga de defender os intereses dos veciños levando a cabo as accións necesarias para reclamar que se manteña o trazado aprobado inicialmente, o único sobre o que existía o consenso de todas as partes implicadas.
A pesar disto, sempre manifestamos a nosa absoluta disponibilidade ao diálogo e á búsqueda dunha nova alternativa de consenso que, satisfacendo todos os intereses, faga posible a existencia dunha vía de alta capacidade vertebradora que conecte Viveiro co resto de Galicia e do estado español, sendo fundamental para garantir o futuro deste municipio, sobre todo nuns tempos caracterizados por unha profunda crise económica na que a competitividade entre as empresas é cada vez maior, uns tempos nos que o Concello de Viveiro, como cabeceira de comarca, non pode permitirse a inexistencia de vías de capacidade alta.
Agardamos que a cita que teño solicitada para falar co Director da AXI poida ter lugar en breve; sería unha boa oportunidade para coñecer de primeira man os detalles do proxecto ao que onte fixo referencia o Presidente de Xunta e para manifestar, unha vez máis, a nosa disponibilidade a traballar a buscar unha solución definitiva para os veciños de Viveiro.
A Alcaldesa,
María Loureiro García


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



