Xove, 4 de abril de 2017. A Asociación Saiñas de Xove está de noraboa, xa que foi elexida polo Festival Intercélticlo de Lorient para representar a Galicia na súa 48 edición. O Festival Intercéltico de Lorient, que anualmente se celebra nesta coñecida cidade da Bretaña francesa, está considerado o festival de música celta máis importante do mundo.
A participación de Saiñas vaise desenvolver do 3 ao 12 de agosto, para o cal se vai desprazar un grupo dunhas corenta persoas entre bailadores e músicos.
A presentación desta participación tivo lugar no Salón de Plenos do Concello; na mesma estivo o alcalde de Xove Demetrio Salgueiro, a concelleira de cultura Dolores Meitín, o representante do Festival en Galicia Pablo Seoane, o presidente de Saiñas Andrés García e unha nutrida representación da Asociación. Precisamente, foi Pablo Seoane o encargado de darlle a Saiñas a noticia da súa participación, feito que lóxicamente nos encheu a todos de ledicia, xa que este feito podémolo considerar como o feito, senón o máis, un dos máis importantes da historia dos 36 anos da Asociación Saiñas.
Saiñas conta no seu curriculum cun amplo bagaxe de participacións no exterior, tanto en España como no extranxeiro; en España, entre outros lugares, participamos en festivais en Valencia, Zamora, Jumilla (Murcia), Oviedo, etc. Dentro dos paises extranxeiros, Saiñas participou en numerosas Europeades en paises como: Dinamarca, Alemania, Italia, Portugal, Francia, Suiza,… Pero bueno, a presencia no Festival de Lorient é especial, xa que, de principio, non é nada fácil participar debido ao riguroso proceso de selección do Festival, buscando sempre a excelencia, o mellor de cada país.
Podemos decir que, nos últimos anos, Saiñas deu un importante salto cualitativo, xa que xunto coas súas actividades tradicionais de música e baile, a Asociación puxo en escea unha serie de espectáculos que contribuiron ao seu crecemento e a unha maior madurez de todo o grupo; falamos de espectáculos como “Identidade”, “Tradicción”, “a Taberna”, “Muiñeira” ou “o Adro”, todos representados con grande éxito de crítica e público.






















A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.



