Ribadeo, 5 de agosto, 2019. Co patrimonio cultural e paisaxístico do Camiño do Norte como escenario e a erradicación das violencias machistas como principal obxectivo, a campaña “Ribadeo, Camiño Seguro”, co-financiada polo programa “O teu Xacobeo” da Xunta de Galicia, quere concienciar sobre o dereito das mulleres a percorreren o mundo consigo mesmas.
A iniciativa, impulsada por Arabías Sociedade Cooperativa Galega coa colaboración das concellarías de Igualdade e Turismo do Concello de Ribadeo e 7H Cooperativa Cultural responsable da liña gráfica e o material audiovisual, procura impugnar os discursos que cuestionan a liberdade das mulleres para peregrinar e viaxar soas, garantindo espazos de seguridade ante posibles situacións de abuso a todas as visitantes deste concello da Mariña Lucense.
O proxecto, presentado publicamente o pasado 24 de xullo no Concello de Ribadeo, vén de iniciar a súa primeira fase a través dunha campaña de concienciación e sensibilización contra as violencias machistas asentada na convicción, resumida en forma de lema, de que “viaxar soas é unha opción e unha vida libre de violencia, un dereito”.
A través da difusión de carteis e folletos informativos en galego, castelán e inglés en albergues, establecementos hoteleiros e comerciais da comarca, a iniciativa convida ás mulleres que atravesan o municipio lugués a compartir as súas vivencias a través dun chío que inclúa os cancelos da campaña #RibadeoCamiñoSeguro, #OteuXacobeo #Xacobeo202 ou mediante o envío dunha nota de voz a través do Whastapp ao +34 609 050 176.
Pacto Local contra as violencias sexuais no Camiño
A recollida de testemuños, coa que se aspira a establecer medidas que garantan a protección das mulleres que deciden viaxar soas, complementarase coa voz de veciñas ribadenses, ás que se convidará a participar nun grupo de discusión orientado ao intercambio de experiencias que se organizará nos próximos meses, xunto a tres mesas de traballo, integradas por representantes políticos, persoal técnico e actores do tecido empresarial do concello, nas que se avaliará colectivamente a situación actual das violencias machistas na ruta de peregrinaxe.
A partir da información recompilada ao longo dos meses de campaña e das conclusións que se extraian dos encontros entre os diferentes axentes sociais do municipio, traballarase na elaboración dun Pacto Local contra a violencia sexual no Camiño do Norte.
Paralelamente a estas accións, dado que outros dos obxectivos da campaña é difundir a riqueza patrimonial e natural do itinerario a Santiago ao seu paso polo concello ribadense, nas vindeiras semanas o seu territorio será o obxecto de gravación dun vídeo promocional.




















Será o sábado 23 de maio, nas Letras no Campo, Feira do libro ribadense, nun acto no que estará acompañado de Suso Fernández Acevedo.
O acto terá lugar o vindeiro luns 18 de maio, coincidindo coa celebración do Día Internacional dos Museos, unha data sinalada para poñer en valor o patrimonio cultural e mariñeiro do concello. Tras un período de traballos de mellora e adecuación, o museo —un referente na comarca— reabre para ofrecer ás persoas visitantes unha viaxe inmersiva a través da herdanza mariñeira, da industria conserveira e da estreita relación das súas xentes co Cantábrico.
Nesta ocasión participará Susana Vázquez Fernández, coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda, que impartirá o faladoiro “Xestión do ánimo”, centrado en técnicas de relaxación, pensamento positivo e coidado da saúde mental para mellorar o benestar emocional. A actividade está aberta á veciñanza e busca crear un espazo para compartir, aprender e coidarse en comunidade. Conta co apoio e colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
Unha obra para todos os públicos. Hora: 20.00. Entrada libre ata completar aforo, non é necesario facer reserva de entradas.
O mozo ciclista continúa a demostrar o gran nivel desta tempada, na que suma xa un primeiro posto e un terceiro nas últimas probas das Escolas de Ciclismo da Federación Galega. Uns resultados que reflicten o seu esforzo, constancia e paixón polo deporte. O Concello tamén quixo poñer en valor o traballo do club Medela MTB, pola súa aposta pola formación e polo deporte base, acompañando aos máis novos no seu crecemento deportivo e persoal. Desde Cervo trasladan os parabéns a Mateo e á familia Medela, e destacan o orgullo polos éxitos e pola excelente tempada que están a realizar.
O encontro incluíu sesión vermú amenizada polo Dúo The Poker e unha comida popular con empanada, embutido, croquetas, xamón cocido, tenreira asada e sobremesa. Pola tarde continuou a música e realizáronse sorteos de agasallos achegados polas asociacións colaboradoras. A iniciativa foi organizada pola Asociación O Castelo, en colaboración coas asociacións parroquiais e o Concello de Alfoz, que agradeceron a ampla participación. Durante a xornada tamén houbo un momento de lembranza para Jorge Val, exalcalde falecido hai un ano, destacando o apoio que brindou ás asociacións locais.
Celebrarase o venres 29 de maio ás 17:00 h e será gratuíta. Abordará o papel dos poliquetos no ecosistema mariño, as súas características e os riscos do uso de especies exóticas, con proxeccións e maquetas de varias especies empregadas como cebo. Impartiraa o grupo BIOCOST da Universidade da Coruña e está organizada por Posta de Encontro xunto con RedeMar, Xunta de Galicia, Federación Galega de Confrarías e a UDC. Reservas: WhatsApp no 634 97 08 86; 982 13 19 23; buenas@capturaspesca.com ou directamente na tenda Capturas Pesca, onde se celebrará o evento (Av. Leopoldo Calvo Sotelo 49, Ribadeo).



