As eleccións estatais do domingo amosaron que Galicia é sitio distinto. Porque, malia partillar dalgunhas das tendencias xerais, o noso mapa electoral presentou características diferentes.
Na Galicia o mapa de escanos do 28-A (10 PSdeG, 9 PP, 2 a franquía de Podemos e 2 Cs) sofre dúas modificacións por mor da perda por Cs da súa representación, obtendo un escano PP (que empata a 10 cos socialistas, acadando un-31,9% fronte ao 31,25% do PSdeG ) e o outro o BNG. Velaí que o 10-N tres das seis forzas estatais representadas no Congreso (Cs, Vox e Más País) non obteñan representación.
O BNG acadou un 8,2%, obtendo case 120.000 votos, 26.000 máis ca en abril, malia a baixa da participación. Chegou a case os dous terzos dos votos de En Común-Podemos, que quitou case dous pontos menos ca en abril. Tendo en conta as diferenzas entre estatais e galegas apúntase como hipótese probábel o claro sorpasso dos soberanistas a respecto da esquerda rupturista española nas eleccións de 2020.
A suba do BNG e o meirande suceso do PP en apañar os votos perdidos polo Cs impediron que Galicia partillase o xeral empoleiramento do extremismo xenófobo, antifeminista e antigalego de Abascal. Moito do electorado galego das dereitas demostrou ser refractario a semellante mensaxe e, deste xeito, Galicia (que representa o 5,5% da poboación do Estado) só achega o 3% dos 3,6 millóns de persoas que votaron Vox o domingo.
O PP volta ser primeira forza electoral deste país, malia que case empate co PSdeG e que ésta gañe amplamente nas áreas urbanas de Vigo e A Coruña e nas principais cidades. Porén, os votos ás tres forzas da dereita acadaron un 44,1% fronte ao 54,4% das forzas do centroesquerda. A menos dun ano das eleccións galegas semella que unha alternativa plural poderá substituir ao PP en San Caetano o vindeiro 2020.
No camiño cara estas eleccións galegas de 2020, o soberanismo galego habería alargar substancialmente o seu apoio electoral. Desta volta funcionou a tensión e bó facer da base electoral e militante do BNG, mais tamén o pulo extramuros do pacto con CXG e do apoio de persoeiros e sectores sociais vencellados no pasado, quer co propio BNG, quer con En Marea. De certo que a relevancia do soberanismo na solución á ecuación de 2020 estará na adopción de fórmulas flexíbeis de integración que lle permitan recoller toda a súa pluralidade política e social e maximizar os seus apoios.



















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



