Lugo, a 26 de marzo de 2020. Convocadas polo presidente da Deputación, o socialista José Tomé, mañá celebrarán reunións presenciais a xunta de portavoces e as comisións informativas de Economía e Pleno. Diante desta situación, o portavoz do Grupo Provincial Popular, Javier Castiñeira, solicita por terceira vez ao presidente do organismo provincial que o próximo pleno, previsto para o día 2 de abril, se celebre mediante videoconferencia ou fórmula similar, pero non de xeito presencial, tanto por motivos de seguridade, como pola mala imaxe que daría da institución que non se respectasen as normas impostas para evitar contaxios nestas gravísima crise provocada polo coronavirus.
Castiñeira destaca que, aínda no contexto da crise sanitaria, as institucións teñen que desenvolver o seu traballo de maneira tan intensa e eficaz como resulte posible, e para elo o PP mostra a súa total disposición e colaboración. Pero destaca igualmente que é necesario que os organismos públicos non entren en contradición coas disposicións establecidas a nivel nacional para evitar os contaxios. De celebrarse a sesión de xeito presencial, habería no salón de plenos non menos de 30 persoas procedentes de distintos puntos da provincia.
Os populares entenden que a Deputación dispón de medios técnicos sobrados para que a sesión plenaria se celebre por vía telemática; os investimentos feitos en novas tecnoloxías nos últimos anos superan os 25 millóns. Neste sentido, recordan que o organismo provincial leva investidos moitos miles de euros en novas tecnoloxías. Destaca igualmente o feito de que, durante a presidencia do socialista José Ramón Gómez Besteiro, a Deputación levou a cabo, por medio do programa Innovate, unha cuantiosa inversión en medios técnicos para os concellos da provincia. Polo tanto, segundo Castiñeira, non debería haber problema algún para dispoñer dos medios técnicos necesarios para que a sesión se celebre por videoconferencia.
Esta é a terceira ocasión en que o portavoz popular solicita que as reunións dos órganos provinciais se celebren por vía telemática. A primeira foi o pasado 13 de marzo, en conversación telefónica coa portavoz do grupo socialista; a segunda, o pasado martes, co propio presidente da Deputación, por vía telefónica. Castiñeira entende que é unha boa oportunidade de que a Deputación poña en valor os investimentos levados a cabo en novas tecnoloxías.
Castiñeira anuncia que ás reunións de mañá das comisión de Economía e Pleno, polo seu grupo, soamente asistirá el, como medida de seguridade, na semana cos picos máis altos de contaxios nesta crise, e para cumprir as disposicións tomadas polo Goberno.



















Será o sábado 23 de maio, nas Letras no Campo, Feira do libro ribadense, nun acto no que estará acompañado de Suso Fernández Acevedo.
O acto terá lugar o vindeiro luns 18 de maio, coincidindo coa celebración do Día Internacional dos Museos, unha data sinalada para poñer en valor o patrimonio cultural e mariñeiro do concello. Tras un período de traballos de mellora e adecuación, o museo —un referente na comarca— reabre para ofrecer ás persoas visitantes unha viaxe inmersiva a través da herdanza mariñeira, da industria conserveira e da estreita relación das súas xentes co Cantábrico.
Nesta ocasión participará Susana Vázquez Fernández, coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda, que impartirá o faladoiro “Xestión do ánimo”, centrado en técnicas de relaxación, pensamento positivo e coidado da saúde mental para mellorar o benestar emocional. A actividade está aberta á veciñanza e busca crear un espazo para compartir, aprender e coidarse en comunidade. Conta co apoio e colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
Unha obra para todos os públicos. Hora: 20.00. Entrada libre ata completar aforo, non é necesario facer reserva de entradas.
O mozo ciclista continúa a demostrar o gran nivel desta tempada, na que suma xa un primeiro posto e un terceiro nas últimas probas das Escolas de Ciclismo da Federación Galega. Uns resultados que reflicten o seu esforzo, constancia e paixón polo deporte. O Concello tamén quixo poñer en valor o traballo do club Medela MTB, pola súa aposta pola formación e polo deporte base, acompañando aos máis novos no seu crecemento deportivo e persoal. Desde Cervo trasladan os parabéns a Mateo e á familia Medela, e destacan o orgullo polos éxitos e pola excelente tempada que están a realizar.
O encontro incluíu sesión vermú amenizada polo Dúo The Poker e unha comida popular con empanada, embutido, croquetas, xamón cocido, tenreira asada e sobremesa. Pola tarde continuou a música e realizáronse sorteos de agasallos achegados polas asociacións colaboradoras. A iniciativa foi organizada pola Asociación O Castelo, en colaboración coas asociacións parroquiais e o Concello de Alfoz, que agradeceron a ampla participación. Durante a xornada tamén houbo un momento de lembranza para Jorge Val, exalcalde falecido hai un ano, destacando o apoio que brindou ás asociacións locais.
Celebrarase o venres 29 de maio ás 17:00 h e será gratuíta. Abordará o papel dos poliquetos no ecosistema mariño, as súas características e os riscos do uso de especies exóticas, con proxeccións e maquetas de varias especies empregadas como cebo. Impartiraa o grupo BIOCOST da Universidade da Coruña e está organizada por Posta de Encontro xunto con RedeMar, Xunta de Galicia, Federación Galega de Confrarías e a UDC. Reservas: WhatsApp no 634 97 08 86; 982 13 19 23; buenas@capturaspesca.com ou directamente na tenda Capturas Pesca, onde se celebrará o evento (Av. Leopoldo Calvo Sotelo 49, Ribadeo).



