Ribadeo, 30 de novembro de 2020. O alcalde, Fernando Suárez, anuncia que o ascensor do colexio Gregorio Sanz xa foi dado de alta e está a funcionar. O rexedor asegura que o Concello actuou coa celeridade administrativa máxima e con absoluta dilixencia, a pesar de que a Xunta iniciou as obras sen contar coa correspondente licenza e de que cambiou varias veces o investimento a realizar. Suárez Barcia recoméndalle á Consellería de Educación que revise todo o expediente, á vez que se congratula do investimento anunciado pola administración galega nese centro de ensino, xa que será a primeira vez en corenta e cinco anos que se acometan obras de envergadura e lémbralles que presenten o proxecto e que pidan licenza, como é preceptivo en todos os Concellos.
O alcalde ribadense manifestou que “despois dunha desagradable situación de falta sobre todo de coordinación entre administracións, así como dunha inxerencia e manipulación política que abochornaría a calquera, hoxe podemos dicir que o ascensor que se instalou hai un tempo no CEIP Gregorio Sanz está xa de alta. Agora que por fin está funcionando, gustaríame facer unha serie de aclaracións que non fixen en todo este proceso. En todo este tempo, o Concello mantivo unha disposición absoluta de colaboración leal así como de impulso e de celeridade administrativa máxima, unha vez que tivemos coñecemento formal das obras feitas. O certo é que desde que fixemos a advertencia de que esas obras foran feitas sen a licenza municipal preceptiva, hai un tempo, foron varias as circunstancias inéditas que se deron. Por parte da Xunta aportáronse documentacións contraditorias, diferentes presupostos con cifras escandalosamente diferentes e tiveron que motivar e documentar as obras feitas a posteriori, etc…”.
O rexedor dixo: “hai que lembrar que todos os Concellos, non só o de Ribadeo, só temos a obriga de mantemento e conservación nestes centros de Primaria polo que non facemos actuacións de infraestruturas, pero loxicamente os Concellos si temos a competencia para outorgar as licencias de obra de calquera infraestrutura que se faga no noso termo municipal, xa sexa dun particular ou dunha administración pública como é o caso. Neste caso actuamos de maneira absolutamente dilixente e con celeridade, coa única misión de garantir a seguridade e a legalidade desta obra. Finalmente, tal e como se nos requiriu desde a Xunta e, logo de pedir orzamentos a varias empresas cualificadas para tal fin, démolo de alta e farémonos cargo do seu mantemento mensual. Ademais disto, quero recordar tamén que desde o Concello tivemos que actuar coa Xunta como con calquera outro particular que fai obras sen licenza, de aí que tivésemos que incoar un expediente sancionador que rematou coa proposta de sanción que se eleva a máis de 600 euros”.
Fernando Suárez engadiu que “tamén quixera facer dúas apreciacións que lle quero indicar á Consellería de Educación para agora e para o futuro. Para agora é que as autoridades competentes en Educación de Lugo, ou incluso quizais os seus responsables superiores, deberían revisar todo este expediente con maior detemento, pois chaman moito a atención as diferentes cifras que se nos foron comunicando sobre o custo real do ascensor, non vaia ser o demo que as cifras citadas non se correspondan co que realmente se ten indicado por escrito. Por outra banda, para o futuro máis inmediato, vemos con satisfacción que se acaba de anunciar que para o 2021 a Xunta vai facer unha inversión de medio millón de euros, por parte de Educación, neste centro. A verdade é que nos alegramos porque por fin, despois de corenta e cinco anos de funcionamento deste centro, vai ser a primeira vez que a Xunta acometa obras de envergadura, desde logo que era sen tempo xa. Pero o que si agardemos que desta volta fagan o que calquera cidadá particular fai, que é presentar o proxecto e pedir licenza antes de iniciar as obras co fin de evitar problemas a terceiros polo mal funcionamento das administracións, como foi neste caso do ascensor”.






















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



