Foz, 7 de xullo de 2021. O Partido Popular de Foz tilda de “moi grave que o alcalde tivese a dimisión do director da Escola de Música catro meses no caixón sen avisar a ninguén”. Así o advirte o edil Juan Rivas logo de asistir á comisión de seguemento convocada esta semana polo rexedor; xuntanza que se produce, como indica o propio concelleiro do PP, “moi tarde”, pois o socialista é coñecedor da “crítica situación” pola que atravesa o centro formativo dende principios de ano.
Para o popular que o alcalde tampouco informase aos grupos políticos durante todo este tempo é “vergoñento, é unha mala xestión e evidencia unha actitude que vén marcando ao Sr. Cajoto dende que é alcalde, que é rirse dos problemas e intentar que se solucionen nun caixón debaixo da mesa, conseguindo con elo que acaben agrandándose aínda máis”.
Neste senso, Juan Rivas considera que este caso “é outro máis” e que se suma, di, “aos dos xubilados ou ao da depuradora”. “Logo as consecuencias sempre son moio peores”, advirte.
“Máis dimisións”
Diante esta situación, os populares preguntaron na sesión plenaria por este asunto en cuestión, e fixérono porque “fontes internas” alertáronos de que “o problema pode ser maior e traer máis dimisións”.
“A escola está en perigo, ata o di a AMPA e o alcalde non ten a solución; o único que fai é que llas dean os demais”. Con todo, e en aras de garantir o correcto funcionamento do centro, dende o PP adiantan que “non imos estar en contra da solución aínda que sexa provisional, pero o certo é que se deben de dar presa. É necesario volver a preparar as matrículas para estar en setembro listos. Podemos ter problemas co inicio de curso”, insiste Rivas.
Sen cambios no equipo directivo e docente
O Grupo Municipal do PP agarda que se manteña o equipo directivo e docente, pois “levan feito un traballo extraordinario durante estes anos”. “Hai que darlle unha solución á parte máis administrativa e iso ten que facelo o alcalde”, conclúen.




















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



