Dise que a historia da Física é un exemplo de como a xente deixamos pouco a pouco de mirarnos o embigo. As ideas pasaron ó longo dos milenios de pensar en leis físicas que rexían para o mundo e outras leis que rexían para nós a pensar en outras que rexían para o noso entorno terrestre e outras para o resto do universo, os ‘ceos’ daquela apenas entrevistos. Foi un primeiro cambio, para logo ir unificándose unhas e outras e constatar que o que nos afecta a nós tamén afecta a alguén poda estar xirando arredor de Sirio ou a unha rocha dun planeta na Galaxia de Andrómeda. Así parece unha evolución que pasou de ser considerada cada cousa (incluídos nós como cousas) como algo especial a ser todo (incluídos nós) o mesmo, constituído de materia semellante e ó que se lle aplican leis iguais. Parece ser algo semellante, mais o resultado é completamente diferente. A partir de pequenos detalles, mesmo por circunstancias mínimas. Un único grao Celsius de diferencia e atopamos, ben auga quente, ben vapor desa mesma auga. Uns centímetros máis aló ou acó significan estabilidade sobre unha rocha ou a morte no fondo dun precipicio. Atravesar unha estrada uns poucos segundos antes ou despois pode significa ter un accidente ou seguir tranquilamente o camiño ata o destino. E así sucesivamente.
De cativiño é normal sentirse especial. E como especial, sinxelamente, aplicar os particulares criterios de cada quen, axustados en cada momento por exemplo para considerarse o mellor, ou case. En todo. E crer en consecuencia que se en algo son mellores outros, é sinxelamente porque aínda se é pequeno, ou porque unha casualidade momentánea lles impediu ser o mellor naquel instante. Ou ben, que a categoría correspondente non existe ou non paga a pena que exista para un mesmo. De todo iso non fai falta ser moi consciente: ‘é’ así e listo: o que non cadra, non se considera. Lembro unha anécdota de arredor dos dez ou once anos. Un compañeiro ó que normalmente ganáballe ó xadrez propúxome xogar ‘co título en xogo’. Deuse a casualidade de que unha desas partidas ‘xogándonos o título’, perdín. O compañeiro non volveu ‘poñer o título en xogo’, e aínda que seguín a ganar a grande maioría das partidas que xogamos, el sempre foi o campión de aí en diante… claro que ó pouco tempo, sen motivo aparente pouco a pouco deixamos de xogar.
Naturalmente, co tempo, imos tomando conciencia e esa sensación pasa. Ó comezo, de xeito veloz, ó medrar imos decatándonosde que si, somos seres especiais, pero noutro sentido. E logo pouco a pouco, tamén de que si, especial, mais iguais de especiais que calquera outra persoa. É unha evolución persoal que se axusta ó dito no primeiro parágrafo. E se non se chega a considerar a igualdade de especiais, é que o proceso non está completo, que ‘falta un verán’.
O vello Aldous Huxley, en Un Mundo Feliz (‘Brave New World’) xa deixou caer nas súas páxinas que un experimento con xente ‘mellorada’, unha sociedade constituída só a partir de xente dese xeito, tería sido un fracaso… ou sexa, que no mundo ‘ten que haber de todo’. Máis ben, diría, hai de todo. Sinxelamente. E iso inclúe as ‘razas’ (que a nivel humano non son tal, senón diferentes cores de pel nunha mesma raza, a humana), os sexos (diferentes si, pero no sentido de ‘viva a diferencia!), o mesmo que outras diferencias, de proporcións ou intelixencia a costumes e ideas.
Aínda que só fose polo anterior, o pretender mandar sen permitir participar ó resto, sería unha mala idea a máis dunha mala praxe: quen o fixera estaría gobernando só para si mesmo. Como moito, algo para o seu entorno máis próximo, de familia, amizades ou intereses, deixando ós demais sen solucións, e polo tanto, á sociedade correspondente sen solucións e con sometemento. Unha sociedade da que se beneficia e sen a que non sería humano. Dende o nivel local ó internacional, cada quen na súa escala. Hai xente á que nin se lle pasa pola cabeza. Mesmo en día de reflexión preelectoral.






















O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



