Os populares comparten as queixas dos usuarios que “non entenden que a estas alturas do curso, cando se teñen pagado tódalas matrículas, se despida ao 70% do profesorado” e coinciden en que “o proceso de selección de persoal se debería facer cando a escola non tivera actividade”
Burela, 18 de xaneiro de 2024. O Grupo Municipal Popular de Burela lamenta a “pésima xestión que está facer o goberno bipartito” en relación á Escola Municipal de Música. Os populares amosan a súa preocupación porque “leva parada dende principios de ano” e dende o goberno bipartito “poñen como escusa que están pendentes dun proceso selectivo para a contratación de persoal”.
A este respecto, os concelleiros do PP aclaran que “este proceso debería estar feito nas épocas de menor actividade da propia escola ou nas épocas nas que estivo parada, tal e como demandan os usuarios e usuarias”.
De feito, “moitos usuarios están buscando unha saída formativa ás carencias que atopan na Escola de Música de Burela noutros concellos da Mariña como poden ser o de Foz ou Viveiro. E gran parte deles xa manifestaron que non van volver á de Burela”.
Os populares comparten as queixas dos usuarios que “non entenden que a estas alturas do curso, cando se teñen pagado tódalas matrículas, se despida ao 70% do profesorado” tendo en conta que “o proceso de selección de persoal se debería facer cando a escola non tivera actividade ou esta fora baixa”. A este respecto, “os comunicados remitidos polo señor Pillado Mon parece que non convencen aos usuarios”.
Para os populares “este é un máis dos despropósitos do bipartito local que pon de manifesto a falta de madurez do goberno encabezado pola señora López Moreno”.





















O cambio resulta necesario porque a instalación das atraccións impide o paso dos camións de recollida por estes puntos. O contedor situado na Travesía Granxas trasladarase á avenida de Vilalba, mentres que o instalado na rúa Antonio Roca pasará á rúa Suasbarras. Ademais, o Concello reforzará a dotación de contedores no Campo da Festa e no Campo da Pascua, onde se colocarán máis unidades para atender o incremento de residuos previsto durante a celebración. Desde o Concello agradécese a comprensión á veciñanza polos cambios realizados e lémbrase a importancia de depositar os residuos nos contedores situados nas novas localizacións, co fin de facilitar o correcto funcionamento do servizo de recollida.
O festival terá lugar os próximos 1, 2, 3 e 4 de xullo na parroquia de Celeiro do concello costeiro, que volverá acoller este popular evento cultural centrado na música punk, metal e hardcore.
Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.



