As eleccións sempre deixan, a máis dos típicos ‘vencín eu’, ‘subimos máis’ e semellantes (poucas veces se escoita ‘perdemos’…), moitas curiosidades. Curiosidades tamén nos resultados polo miúdo, os resultados locais. E estas que rematan, as Eleccións ó Parlamento Europeo 2024, non son diferentes niso, por moito que a percepción (estimo que errónea) de moita xente tome as eleccións ‘europeas’ por unhas ‘eleccións de segunda’. Algo que contibuíu con seguridade ós índices de abstención que se obtiveron, e que non deixa de ser de por si unha curiosidade, a percepción diferente dunhas e outras eleccións, cando de saída, como eleccións para manexar un poder, parece deberan ter unha acepción semellante.
A estas alturas que escribo, os resultados son aínda provisionais. Aproveito os datos de reconto oficial e os collidos nas mesas por xente dun dos partidos que se presentaron. Estes segundos sei seguro que teñen algún fallo (aínda que non sexa quen de dicir exactamente onde, máis aló dos totais por comparación cos oficiais). Os detallados son datos de só seis dos 34 partidos e coalicións presentados. Iso si, dos que sacaron máis número de votos en Ribadeo. Se fago un par de táboas cos datos, aglutinando votos e onde se obtiveron (unha, en detalle por mesas, contando os votos a cada partido, e outra, separando só dúas columnas, vila e parroquias rurais), dos datos sae algo que é evidente: en Ribadeo, a importancia estatística do voto rural é a metade da do voto urbano. Mais é doado, a pouco que se compare, ver que a vila non vota exactamente igual que o campo. O PP, aínda gañando na vila, obtén unha porcentaxe superior de votos no rural, mentres que o PSOE ou Sumar baixan moito as súas porcentaxes no campo. Na mesa da parroquia de Ove aparece o mellor equilibrio entre partidos, mentres no outro extremo, en na mesa en Vilaousende o PP sobrepasa de longo a metade dos votos emitidos.
Se tentamos distinguir doutro xeito para cada partido entre os votos obtidos na vila e no campo, observamos que, debido ó peso demográfico da vila, en todos os casos os partidos reciben máis votos urbáns que rurais.
Xunto coas apreciacións anteriores, máis cinguidas a cada unha das mesas, pódense tomar de xeito comparativo os datos que relacionan as votacións na nosa vila cos resultados a nivel provincial, galego e estatal. E incluíndo a ese nivel non só os votos, senón tamén os escanos correspondentes. Tendo en conta śo os partidos que obtiveron escanos, a ollo nu vense algunhas curiosidades. Entre elas,a menor incidencia de votos ao PP a nivel estatal que a nivel local en Ribadeo, ou a nivel provincial ou galego. Polo contrario, os votos residuais -a outros partidos minoritarios- abundan en maior porcentaxe a nivel estatal. En consecuencia disto último, a porcentaxe de parlamentarios dos partidos que sacaron escano, naturalmente, son superiores ás porcentaxes de voto obtidos. Por certo, as porcentaxes de votos en xeral están contabilizados sobre o total de votos, non sobre o total de electores, que nestas eleccións, arredondando, foi nunha relación de 1 a 2. É dicir, en España, a porcentaxe de votos ao PP sobre o número de electores non chega ó 17 % (sobrepasa o 34 % en relación ó número de votos), e no caso do PSOE, non chega ó 15 %.
A nivel estatal, parece que en relación ós votos o PSOE obtivo máis escanos que outros partidos. Hai un pequeno efecto de redondeo de votos a número de escanos, que o favorece lixeiramente. É curiosa a distribución de % de votos necesaria para un escano en cada un dos partidos, táboa que presenta claramente que, a pesar do distrito único, o escano de Junts necesitou de cinco votos por cada tres que necesitaron PP, Sumar, SALF ou o PSOE, este último relativamente o máis beneficiado no reparto nestas eleccións. É seguido nese beneficio pola formación Se acabó la fiesta. Polo contrario, no campo dos prexudicados teríamos a BNG/Agora Repúblicas e Podemos, pero a abonda distancia de Junts.
Por outra banda, a maior porcentaxe de votos de BNG/Agora Repúblicas en Galicia ven dado porque esta coalición presentaba no seu conxunto formacións de tres territorios, tendo moi escasos votos fóra deles. É esta formación a que podemos ver que a nivel local, provincial ou galego quedou en terceira posición, moi por diante da que obtivo ese posto a nivel estatal.



















A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.



