Na iniciativa gastronómica participan ata o 19 de xuño A Penúltima, Cervecería Las Titas, Bar O Faro, Terraza O Noso Lar, A Bodega de Ana e Bar Maruxaina
Cervo, 5 de febreiro de 2025. Este xoves, 6 de febreiro, continúa o Sanci Tapeando que promove a hostalería de San Cibrao, coa colaboración do Concello de Cervo e que incorpora para os próximos meses novos locais.
Así, na cita gastronómica participarán ata o xoves 19 de xuño, a cervecería A Penúltima, Cervecería Las Titas, Bar O Faro, Terraza O Noso Lar, A Bodega de Ana e o bar Maruxaina.
Cada semana os establecementos participantes nesta iniciativa que botou a andar xa polo ano 2018, ofrecerán unha tapa diferente e elaborada a un prezo de 2,5 euros.
Os clientes dos xoves, terán a posibilidade de participar nun sorteo de dous vales, de 200 e de 100 euros, para consumir nos locais participantes.
As propostas para este xoves, 6 de febreiro, son as seguintes:
• A Penúltima: Tosta de aguacate
• Terraza O Noso Lar: Cachopo de porco
• Bar O Faro: está pechado por vacacións
• Cervecería Las Titas: Perrito Rústico Completísimo
• Bar Maruxaina: chourizos ao viño
• A Bodega de Ana: albóndegas mariñeiras
Para máis información e para facer un seguimento das tapas que se servirán cada semana está tamén habilitada a conta de facebook Sanci Tapeando e tamén a través das redes sociais municipais nas que cada xoves se anunciarán as propostas culinarias.