10 de agosto de 1950. San Lourenzo en Foz e feira na Espiñeira.Á volta désta o veciño de Marzán Hipólito Marful Moreda, “o Chorlo”, decátase de que uns burros pacen libremente en terreo da súa propiedade no monte focego de A Granda, na Corredoira.
Nas súas proximidades acampan unhas familias xitanas e a severa reprimenda do dono do terreo sobre os animais, que malla neles, da orixe a un brutal enfrentamento entre as persoas, con resultado de morte para O Chorlo. Os presuntos homicidas fuxen e son perseguidos por varios números da Garda Civil, ó mando do sarxento Irimia, monterrosino destinado no cuartel de Foz, procedendo á súa detención en San Tirso de Abres.
De resultas das dilixencias instruídas, quedan baixo a custodia do concello dous burros pertencentes ós encausados, que deben custodiar e alimentar os munícipes, en tanto o señor xuiz non dicte a resolución correspondente, dispoñendo do destino dos asnos. Feito que se produce o 13 de setembro de dito ano, poñendo a disposición do concello os dous burros para o destino que consideren mais oportuno, que en pleno celebrado pola Corporación o día 25 do mesmo mes, por unanimidade acordan proceder á súa venta, en pública subasta, que se realizará na Casa Consistorial o día 2 de outubro do mesmo ano.A subasta tería lugar polo sistema de “puja a la llana”, e o tipo base como valor de cada animal era de 100 pesetas.
O recaudado destinaríase a sufragar os gastos orixinados pola súa alimentación e o restante quedaría depositado na Caixa Municipal a resultas de calquera continxencia.
Realizouse a subasta o día sinalado e os asnos foron adxudicados a Xosé Ramón Val Pérez, en 105 pesetas e a Francisco Mariña Pérez en 110 pesetas, respectivamente.Coa anécdota histórica da subasta dos burros municipais, rematou o episodio que se iniciara coa morte tráxica de “O Chorlo”: as coplas vendéronse en feiras e mercados da bisbarra.
Hai 60 anos; por aquelas datas iste cronista estreaba a súa adolescencia.
Suso Fernández



















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



