Ribadeo, 1 de abril de 2020. As praceiras e praceiros do mercado de abastos de Ribadeo farán reparto a domicilio durante o estado de alarma. Trátase dunha campaña que pon en marcha a Concellaría de Desenvolvemento Local en colaboración cos vendedores da praza, segundo deu a coñecer esta mañá o edil Pablo Vizoso.
O concelleiro ribadense explicou que “a Área de Desenvolvemento Local e en colaboración cos persoas praceiras da praza de abastos de Ribadeo pon en marcha unha campaña para promocionar un servizo de reparto a domicilio dos produtos vendidos polos postos de alimentación do mercado de abastos con fin de facilitar as compras á veciñanza e ademais permitir que #Ribadeoquedenacasa”.
Vizoso Galdo dixo que “o servizo estará en funcionamento durante o estado de alarma e as persoas interesadas poden poñerse en contacto cos praceiros/as que lle interese en horario de 8 da mañá a 14 horas, consultar os produtos dispoñibles, realizar compra por teléfono e recibila nas súas casas, sen necesidade de acudir ao mercado. Este servizo estará dispoñible para pedidos de como mínimo 20 euros”.
O edil de Desenvolvemento Local sinalou que “na iniciativa participan todos os negocios dos sectores de froiteria e verdura, peixería e carnicerías, polo que a clientela seguirá gozando dos produtos de calidade da praza así coma da atención personalizada que se pode atopar neste espazo”.
Pablo Vizoso agarda que “sexa un servizo moi ben recibido pola veciñanza como foi no caso das produtoras da horta. E con esta iniciativa tamén pretendemos reducir o impacto da crise do coronavirus nos pequenos comercios e nos pequenos produtores”.




















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Son 15 os postos instalados nos que os asistentes poderán atopar complementos de moda e téxtis, marroquinaría, xoiaría, teas, sombreirería, bixutaría, xoguetes ou esmaltes. Esta feira está percorrer diversas localidades e cidades galegas para dar a coñecer o traballo dos artesáns galegos. Polo recinto pasaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz.
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna hoxe ao monolito da Cadeir a, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show mañá, ou unha ruta turística o domingo. Ademais, haberá sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.



