Xa cos primeiros Borbóns, a mediados do século XVIII, definíronse as comunicacións por estrada dentro da península ibérica de xeito radial, malia que daquela as estradas a Madrid chamábanlle de Castela (Madrid era daquela un pobo sen muralla nin rúas de pedra). O primeiro camiño de ferro da península foi o Matarò-Barcelona, mais axiña o favor da Monarquía borbónica e dos seus Gobernos a prol de determinados traxectos construiu unha rede ferroviaria radial con centro na vila de Madrid. Ronsel que seguiu Primo de Rivera no seu plan de estradas dos anos 20 do século pasado. Valentín Paz Andrade cóntanos como no 1925-26 a reivindicación dun bó camiño de ferro entre Galicia e Francia (fronte ao tren de Madrid que seica cumpría priorizar, segundo dicía o entón gobernador) determinou o peche do xornal Galicia que dirixía e o seu encarceramento pola decisión daquel tirano.
No franquismo radicalizouse esta radialidade a prol de Madrid, o que sabe case todo o mundo. O que xa non se coñece tanto é a salvaxe recentralización económica e potenciamento deste esquema radial que desenvolveron os gobernos de Felipe González e JM Aznar, deseñando un aeroporto xigante en Madrid, pretendido único hub aeroportuario do Estado, o que destinaron 6.000 M€ (un billón de pts., con “b” de burro) e construíndo un tren de alta velocidade (TAV) que puxera todas as capitais de provincia “a menos de tres horas de Madrid” (Aznar dixit). Un recente estudo da Generalitat valenciana achega un dado arrepiante: entre 1988 e 2018 case o 44,5% dos investimentos públicos no Estado fixéronse na rexión madrileña, con menos do 18% do PIB e da poboación. O proxecto da España borbónico, primoriverista, franquista, felipista e aznarista sempre foi radial e centralizado.
Na Península Ibérica existen tres eixos fundamentais en termos de transporte de mercadorías e interconexión entre portos e camiños de ferro: o eixo cantábrico Galicia-Euskadi-Francia, o atlántico A Coruña/Ferrol-Vigo-Porto-Lisboa e o mediterráneo. Tres eixos que foron abandonados durante ducias de anos, malia que arestora o valenciano ministro Ábalos tente reverter o atraso do corredor mediterráneo, o que a exministra Pastor non foi quen a facer co eixo atlántico.
Para Galicia a comunicación con Porto e Lisboa é o vector fundamental que lle garante a integración transfronteiriza entre máis de 7 millóns de habitantes (máis de 3,3 do norte de Portugal e 2,7 galegos) e a solución para levar cara Europa as mercaderías producidas ou desembarcadas na eurorexión. Solución, ademáis, cofinanciada con folgura polos recursos da Unión Europea que quere integrar ambos os dous territorios fronteirizos e non aposta por trapalladas recentralizadoras.
Porén, o Goberno de Sánchez e Iglesias non lles está por esta solución e na recente cimeira ibérica propuxo priorizar a conexión ferroviaria Lisboa-Madrid no canto do noso eixo atlántico. Portugal, por primeira vez dende o ingreso de ambos os dous Estados na UE, priorizou os evidentes intereses atlánticos sobre esta trapallada. E esixiu a atención bilateral e prioritaria a respecto do eixo atlántico Lisboa-Porto-Galicia.
Como cantaba o noso Siniestro Total: menos mal que nos queda Portugal.



















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



