Non sei como cheguei un destes días á ligazón. O caso é que estaba esperando por un pouco da miña atención nunha das lapelas do navegador. O enderezo, https://wikileaks.org/intolerancenetwork/ levaba a unha páxina en particular de Wikileaks. Lembro que hai algún tempo pasei a vista por un sitio de Wikileaks que resultou case incomprensible para min pola cantidade de información en bruto que contiña, desbordándome e coido que desbordando a quen non estivera a tempo completo uns cantos días e partira dunha certa base. Esta ‘nova’ (non podo asegurar que non sexa a mesma, cambiada) páxina chamoume a atención en canto a explorei un pouco pola súa diversidade e facilidade de acceso. Hai unha morea de información de diversos temas (só a pantalla pola que entrei, que está relacionada con HazteOir, e o seu financiamento, actividades e relacións son 17 000 documentos), incluíndo ademais ligazóns para poder entrar en contacto coa intimidade dixital que ofrece Tor, ou insistindo en sentido parello, co sistema operativo ‘live’ Tails, con bitcoin (algo normal despois de serlle cortados a Wikileaks os xeitos máis comúns de financiamento polo goberno dos EEUU e verse abocada a organización a usar outros métodos de pago) ou algunha cousa sobre Julian Assange, perseguido polos EEUU e vendido literalmente por varios gobernos por filtrar a verdade.
O caso é que a información segue na rede, a disposición. Algo que tampouco é tan estraño nun mundo de mentiras informativas, silencios e propaganda disfrazada, complementado todo con actuación selectiva de quen pode exercer violencia sen custe sobre quen non pode máis que recibila sen paliativo: que importa? Se aínda que se saiban as cousas, non pasa nada! Temos exemplos sen ir máis lonxe a nivel estatal (só por procurar un nivel intermedio entre o local e o global), onde quen foi cabeza do estado é nova un día si e outro tamén polos seus chanchullos (‘manexos ilícitos para conseguir un fin, e en especial, para lucrarse’), e parece que quen ten que preocuparse é máis ben quen os saca á luz.
Volvamos a Wikileaks. Aconsello botar unha ollada, aínda que só sexa en plan curioso, polas súas páxinas. No pouco que vin de toda a inxente cantidade de material ó que dan acceso, puiden colixir que son pequenos feitos encadeados os que conseguen as barbaridades. Non, non hai en xeral grandes interruptores de si/non ou on/off para indicar vía libre ás inxustizas e iniquidades, senón unha idea que guía cara a un obxectivo que se tenta conseguir paso a paso nunha especie de método científico: ‘considera só as cousas máis sinxelas, esquécete de efectos secundarios ou do que queren os demais, a menos que os efectos os sufras ti ou o que queren os outros te axude a ti a conseguir o que queres’. Nese sentido, Trump foi claro: ‘America first’, primeiro, nós, e logo, apañádevos, pero despois de nós.
Fan falta máis Wikileaks, pero, sobre todo, prestarlles máis atención. E actuar en consecuencia. As persoas de a pé, claro!



















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



