Días pasados tiven a oportunidade de viaxar por un tramo da AG-11, a autovía de titulación galega que comunica a costa norte da ría de Arousa coa autoestrada do Atlántico. Tranquilo, desfrutando a paisaxe, chegaron os carteis. Primeiro, o de Laíño, que me fixo traer á mente a estrofa do coñecido poema de Rosalía:
‘Como chove miudiño,
como miudiño chove,
como chove miudiño
pola banda de Laíño,
pola banda de Lestrove.’
Despois, Lestrobe. E aí quedei cun pequeno choque mental. Lestrobe? Eu lembrava Lestrove!.
Fixen unha pequena procura e si, Lestrobe, cun pazo de Lestrove, e Rosalía usando esta última grafía. E agora, mentres escribo isto, noto que o corrector automático me sinala Lestrove para revisión, e deixa en paz a Lestrobe. Un corrector que agradezo, pero que de xeito curioso o mesmo que tenta machacar a grafía rosaliana, márcame para corrixir Galicia e tamén Galiza. Corrixe a Rosalía, pero non ó nomenclátor oficial da Xunta relacionado co seu poema.
O certo é que parte da viaxe de volta á casa fíxena pensando na diferenza entre a grafía de Rosalía e a ‘nosa’, entre a paisaxe daquela e o actual, entre o paso e desfrute da vida daquela e agora, na influenza da técnica na nosa vida. Non sei se Rosalía usaría hoxe ordenador e corrector automático como o estou a facer eu, ou lle tería tomado o gusto a escribir en papel e só usaría o ordenador para dar remate ás súas obras, e o corrector para elixir cando transgredir a escrita aceptada de xeito normal ou non. E comprendo que pode haber motivos -de seguro que os hai-, por riba do que teña escrito Rosalía para usar o b e non o v en Lestrobe. E que o Como chove miudiño pouco cambiaría de usar unha forma ou outra. Pero non por iso me deixa de chamar a atención que o corrector automático corrixa a escrita poética e que os cartelóns -palabra a anterior que o corrector me sinala tamén para corrixir e que deixo así- da AG-11 tamén usen o b nese caso.
Cambiaron os tempos, e dende os ollos cos que miramos as cousas ata a linguaxe que usamos se ven influenciados por ese cambio. Xa non podemos dicir que miramos igual que antano, e tampouco que a lingua sexa a mesma, aínda que podamos seguir a desfrutar dela. Os tempos cambian, o mesmo que nós e Galicia ou a técnica. Como non vai cambiar a nosa vida, o desfrute de Galicia e o uso da técnica? Os desafíos son diferentes, o mesmo que as posibilidades. E tamén deben influír na nosa vida tanto o coñecemento de Galicia como o uso da técnica, e non estaría de máis que tivésemos consciencia desa influencia, que pode ser mutua: nós influímos tamén en Galicia e si, podemos influír no uso e desenvolvemento técnico, cousas ambas que moitas veces se nos esquecen, o mesmo que a posibilidade de influencia na nosa propia vida.
… Mentres, vaias por onde vaias, que os carteis te lembren o mundo no que vives e non te impidan desfrutar da poesía da paisaxe.
1. Na edición facsímile que aparece na páxina web do Consello da Cultura Galega está escrito con b, en contra do que tiña visto en diversos sitios con anterioridade e puiden entrever hoxe mesmo como maioritario. Conservo a grafía tal como a lembraba.


















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



