A lóxica do Estado español é beneficiar ao castelán e limitar o galego e, tamén, ao euskera e ao catalán, malia que nestes dous casos cadanseu Poder autonómico compensa, nunha pequena parte, a abafante omnipresenza do castelán na Administración de Xustiza, no mundo empresarial, na publicidade e na comunicación e fición audiovisuais. Unha desaquelada desproporcionalidade, tendo en conta que somos un País no que sabemos falar galego o 89%, mentres un 53,3% aínda fala só ou nomeadamente galego e só o 24% fala sempre castelán.
O problema de base xurídica é que a Constitución só recoñece o deber xeral de coñecer o castelán. Mesmo o Tribunal Constitucional declarou inconstitucional no 1986 a obriga de coñecer o galego, euskera e catalán recoñecida en cadansúas leis de normalización lingüística. O mesmo Tribunal Constitucional e o Tribunal Supremo foron minorizando estas linguas cooficiais, impedindo que fosen de uso preferente e esixindo na práctica un uso subordinado e minorizado ao do castelán. Xuices e fiscais poden exercer na Galicia sen coñecer o galego (velaí porque nun país con eses níveis de uso da nosa lingua só o 6-7% das sentenzas redáctanse en galego), mentres algúns médicos apelan a un suposto dereito á ignorancia que prexudica gravemente a relación coa persoa doente.
Son lexislacións, xuriprudencias e políticas baseadas na idea dunha España monolingüe na que as outras linguas constitúen unha incomodidade. Mesmo hai xente no centro peninsular que pensa que falamos galego (ou catalán) por amolar. E esta idea proxéctase nas persoas que veñen traballar a Galicia dende Hispanoamérica ou territorios monolingües do Estado. Hai poucos días, o porteiro de orixe mesetaria dun local de lecer nocturno dunha cidade galega espetáballe a dous meus amigos que presentaban o pasaporte Covid “estamos en España y en España sólo se habla español”. Tamén hai poucos días unha mandadeira de orixe hispanoamericana, con varios anos de exercicio laboral na capital de Galicia, espetáballe a unha clienta logo de lle entregar o pedido “no me hables gallego que no te entiendo…”. Unha vez máis os preconceitos xerados en Madrid que se proxectan nas mentes de milleiros.
Para que se respecte o noso dereito de vivirmos en galego todas as persoas que aquí residen e traballan, cando menos, haberían amosar unha comprensión pasiva da nosa lingua. Mudar de código lingüístico é razoábel cos turistas e transeúntes, mais non se xustifica coas persoas residentes.
As persoas intelixentes ollan sempre para a lúa e non para o dedo que a sinala. No Estado español a lingua A, a privilexiada, é o castelán. Que o balbordo non nos confunda.





















Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



