Barreiros, 28 de xullo de 2022. Ariadna Rocha, a asociación cultural de sendeirismo Camiñantes e Camiños de Barreiros e o Centro de Instrucción y Recreo de Benquerencia organizan durante o mes de agosto un taller de lingua de signos e comunidade xorda de nivel A1-A2. Dará comezo o día 2 e será impartido por Ariadna Rocha Fernández no Canteiro, en Benquerencia.
O obradoiro será de luns a xoves das 19:00 a 20:30 horas. Ariadna Rocha explica que “eu estudei en Madrid lingua de signo e comunidade xorda, e falando con José Manuel Gómez Puente das necesidades de accesibilidade en todos os ámbitos, do esquecida que está a comunidade xorda por aquí, xurdiu a idea de facer este curso, aínda que sexa de iniciación, para non solo aprender a lingua senón entender a comunidade, entender as necesidades das persoas xordas e entrar un pouco neste mundo tan bonito”.
Rocha Fernández indica que “está dirixido a todas aquelas persoas, independente da idade, que queiran aprender lingua de signos e que teñan interese na lingua e na comunidade, incluso persoas xordas que non teñan lingua de signos adquirida. En xeneral é un curso que abarca a moita xente. Independentemente da idade tamén entendendo que pode ser a partir dos 15 anos, porque xa se ten un pouco de conciencia de idioma, é sen límite de idade”
E engade: “vaise celebrar ata a última semana de agosto, o último xoves de agosto sería o remate do curso, e vaise impartir no Canteiro en Barreiros, en Benquerencia.”
O prezo é de 10 euros e as persoas interesadas en inscribirse nese obradoiro poden facelo co correo lseportafolio@gmail.com ou chamando ao 623 22 68 25.





















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



