Cara mediados do século XIX, suprimidos o Reino de Galicia e o Principado de Catalunya no 1833 a medio de cadansúas divisións tetraprovinciais e suprimidos os foros navarros e vascos (1840) despois da guerra carlista, consolidada Isabel II como raiña, bótanse os alicerces dun Estado centralista que reivindica a organización política dunha única Nación. Promúlgase en 1851 a primeira lei de educación (a Lei Moyano) e, comeza desenvolverse unha historiografía que tenta explicar España como realidade unitaria con 2.000 anos de historia, agochando a substancial pluralidade política, lingüística e cultural que definiu a historia da península ibérica.
Deste xeito, priorízase o reino visigodo como precedente do actual Estado, subordinando o reino suevo de Galicia, primeira entidade política ou “regnum” da Europa postromana (409). Considérase a chegada dos muslmáns como unha invasión árabeafricana que cómpre reverter a medio dunha longa Reconquista, agochando que na meirande parte dos case oito séculos de presenza musulmá na península ibérica existiu boa convivencia entre xudeus, cristiáns e musulmáns e alianzas entre Estados cristiáns e musulmáns. E avalíanse como positivos e moi españois fenómenos de imposición militar e expansionista como a doma e castración do reino de Galicia (1479-1486) desenvolvida pola raíña de Castela, Isabel a Católica e a supresión manu militari das liberdades dos reinos de Valencia (1707), Aragón (1711), Mallorca (1716), do Principado de Catalunya (1714) e do reino de Navarra e dos territorios históricos vascos (1840).
O primeiros destes historiadores casteláns foi Modesto Lafuente coa súa “Historia general de España” (1850) na que inventou un reino de Asturies despois transladado a León dende o absurdo da tradución do termo árabe “Jalikiah” (Galicia) das crónicas musulmanas por León, descoñecendo que Paulo Orosio a respecto da provincia romana de Gallaecia e o bispo Isidoro de Sevilla a respecto do reino suevo de Galicia afirmaban que Asturies e Cantabria eran parte da Gallaecia. Constrúese, entón, un relato asturleonés para agachar a realidade da potencia do reino de Galicia construtor da identidade europea a medio do Camiño xacobeo.
Non fomos os galegos os únicos prexudicados por este roubo da memoria. Porque esta historiografía española defendeu tamén un rol subordinado de Catalunya a respecto de Aragón, esquecendo que a Coroa catalá-aragonesa era unha confederación de catro territorios na que sobranceaba o Principado catalán, que foi o que se abriu ao Mediterráneo conquistando Sicilia, Sardeña e Nápoles. E a mesma historiografía agachou sempre que o reino de Pamplona fundado por Eneko Aritza era un reino vascón que falaba euskera e que se espallaba entre os ríos Garona e Ebro.
Agocharon a nosa historia. E aínda tentan agochala.






















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



