Agora que parece que a febre se está apagando, ou polo menos tranquilizando, e cando das máis de cen bandeiras que colgaban das fiestras e balcóns da vila onde vivo só quedan media ducia (iso si, algunha ben grande vale por varias), é quizá hora dunha pequena reflexión sobre o tema.
España é diferente por moitos motivos, e un deles é o asunto da súa insignia nacional. A bandeira de España, coas súas cores vermello e gualda (gualdo é un adxectivo que provén da planta do mesmo nome da familia das resedas, ou Resedaceae, cuxa característica típica é a súa flor amarelada), e que provén da cor adoptada polo pavillón español (ou sexa, as bandeiras coas que se distinguían os buques) en 1785 (época da que proveñen moitas das bandeiras, tanto de Europa -Francia e Inglaterra- como americanas -Estados Unidos- e, en xeral, as grandes nacións da época, e todas coa mesma función militar), foi asimilada, de xeito consciente e deliberada, pola facción máis conservadora do espectro político. A razón é ben sinxela: a bandeira rojigualda foi substituída durante o breve período de tempo no que se instaurou a república por segunda vez como forma de goberno por outra distinta na súa franxa inferior, cuxo cor morada recorda aos comuneiros casteláns (e con iso pretendeuse axuntar en mellor harmonía o emblema de “unha gran España”) e que foi adaptada de forma popular durante o Trienio Liberal asimilando o vello pendón destes. Ao vencer os “nacionais” e esmagar literalmente a Segunda República, volveuse a retomar a vella insignia real que xa, tempo atrás, defendían os conservadores como símbolo da idea dunha España tradicional e “como Dios manda”. Por iso, e asimilando e adoptando como propia o “aguia de San Juan” dos Reis Católicos (que mellor signo de tradición que ese), o réxime franquista apropiouse das cores dese emblema para pasealos polas rúas como modo de distinguirse daqueles que tomaran como propia a bandeira tricolor republicana, e que foran vencidos e desarmados.
Aí está o quid da cuestión. Eu nacín en 1952, e cando era un home, feito e dereito, e quen queira rebatermo que o faga, a bandeira rojigualda era o símbolo que levaban “os fachas” prendido en forma de “pin” ou chapita na correa dos seus reloxos dixitais (eses reloxos dixitais dos primeiros setenta. Era un período delicado para as exaltacións nacionais, con ETA arreando, Forza Nova con moita presenza nas rúas e unha constitución en cueiros que se cambaleou no Golpe do 23F. E o ambiente enrarecido e “centrista” que se respiraba na capital fixo de bo caldo de cultivo de receo cara a todo o que non fose xenuinamente ibérico. Digámolo así, a identidade nacional era difusa, ata tal punto que en moitos da miña xeración xurdiu máis unha idea internacionalista, de cidadán do mundo na cabeza, afianzada coas nosas primeiras saídas ao estranxeiro. España, a España sempiterna, quedáballenos pequena, e en moitos casos parecíanos pueblerina e atrasada, e non nos equivocabamos, habendo pasado como pasaramos unha infancia en branco e negro e co NODO como protagonista.
Entón… debe un sentirse español sendo internacionalista? Si, claro, pero tendo en mente todas as “españas”.
Negar os problemas que existen coa bandeira en España é ser deliberadamente miope. Cualifiquemos de “incómoda” a súa presenza e, sobre todo, a súa ostentación en todo escenario que non sexa sede oficial. Pensar que unha chea de ducias de metros cadrados, ao estilo dos novos países americanos tan necesitados de orgullo patrio, non pode ser “molesto” para moitos que son tan españois como os que se golpean o peito baixo a súa sombra é ser demasiado inxenuo, ou todo o contrario. Pois que imos dicir, que estamos fartos de que se confunda o amor á túa terra co patrioteirismo cateto, retrógrado e cicatero.
Unha bandeira é un anaco de tea, un símbolo se se quere, pero pouco máis. As nacións e as bandeiras correspóndense cun feito cultural, e xa saben os meus lectores que o nacionalismo cúrase viaxando, e por suposto o nacionalismo español tamén. Pertencemos a un colectivo que comparte historia, costumes, linguas e un xeneroso anaco de terra no que caben desde as marabillosas costas galegas e cantábricas ata as beldades de toda a costa mediterránea, os recios campos da Meseta e a luz andaluza,. E algúns ata contamos coa saudade portuguesa. Somos celtiberos desde tempos inmemoriais, e pensar que todo iso debe ser sinónimo dun trapo de cores é unha forma moi curta de ver as cousas.
Que as novas masas de hoxe día enarboren bandeiras españolas ante o rotundo éxito futboleiro é un asunto máis de cego amor cara a unha insignia, propio dun incha, que o apego o estado que os viu nacer. Claro que os que se mencionaron antes volveron sacar peito, porque é o seu, pero iso non significa que a bandeira española vaia unir ao conxunto de españois baixo un paraugas distinto que non sexa o deportivo, da mesma xeito que foi curioso e alentador ver outras bandeiras autonómicas (incluída a odiada por eses mesmos senlleira) campar entre os brazos da multitude e os pescozos dalgúns xogadores. É unha boa lección para algúns que sexa o fútbol, opio por excelencia do pobo, o que obre o milagre, pero iso non significa que moitos non desexemos que o sistema republicano e federal sexa o que limpe de ranciedad moitas cousas necesitadas de limpeza no noso país, que por máis que se queira non se está rompendo.
Iso si: aposto a que serei o único do meu barrio que poña unha bandeira republicana cando comecen as festas de Xunqueira e paseen a virxe gótica que din as lendas apareceu nun espiño por diante da miña casa. Aínda que só sexa por foder.
Otero Regal





















A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



