O noso concello, coma Galicia, España e o planeta enteiro afronta unha triple crise: a social e económica -ligada á desigualdade-, a ecolóxica e climática -pola devastación do noso modelo de desenvolvemento-, e a enerxética -debido á fin dos hidrocarburos baratos-. Comezo recordando esta triple ameaza por aquilo de seguir a consigna de pensar no marco global antes de actuar local.
Ben sabemos que os grandes poderes non queren afrontar estas crises con seriedade, da man da ciencia, e que se algo queremos facer deberemos facelo nos mesmas, a cidadanía e as entidades locais. Pois ben, existen dúas competencias propias deslas moi relacionadas entre si e de grande potencial transformador: a xestión dos mercados de alimentos e a xestión dos residuos orgánicos.
A alarma sobre o risco dun futuro desabastecemento alimentario soan xa por medio planeta e non só nas zonas afectadas pola guerra ou tradicionalmente pobres. O modelo centralizado de produción e distribución controlado por axentes especuladores ten enormes vulnerabilidades e hoxe todo o sistema atópase tensioado. A necesidade de apostar pola produción local é xa máis ca evidente e cómpre poñer en cultivo as terras agrarias, e recuperalas e defendelas fronte a cambios de uso.
Pero quen colle o sacho? A mellor forma de incentivar a súa posta en cultivo coa incorporación de novas produtoras á actividade é garantir a adquisición de toda produción xerada nos nosos concellos a un prezo rendible. E esa garantía debe chegar a través dun programa de compra pública polos comedores de centros educativos, residencias e hospitais, así como dos programas de “xantar na casa” municipais, para poñer a rodar un círculo virtuoso (máis produción, máis consumo) cara á soberanía alimentaria, antes que os subministros de fóra sigan a encarecerse -e escasear- como xa estamos a vivir tralos avisos hai meses de organismos coma a ONU, a OCDE e a propia UE.
Outra das crises mencionadas, a enerxética, deu en subir o prezo do gasoil e do gas natural, base da fabricación de abonos nitroxenados, de xeito que varias firmas europeas e españolas (Basf, Fertiberia) pecharon fábricas temporal ou definitivamente pola suba dos custes e hoxe os prezos destes adubos acadan niveis inasumibles.
Namentres na Galiza seguimos a desbotar fertilidade mandando os restos orgánicos cara ó vertedoiro ou a incineración. Tras anos de adiamentos urxe acelerar a súa xestión separada e compostaxe, evitando as emisións do transporte e queima, secuestrando o carbono no solo e dándolle fertilidade, resistencia á erosión e capacidade de retención de auga fronte ás secas. A compostaxe orgánica local é a necesaria contraparte do abastecemento local de alimentos.
Eso si, a xestión desta fracción pode organizarse de diferentes xeitos. O mellor desde o punto de vista ambiental, enerxético e económico é facelo cada quen na súa leira, algo que está da man das xentes do rural (e quen teña xardín nas vilas). Para as vilas existe o modelo de compostaxe comunitaria, consistente en dispoñer uns compostadores en zonas verdes (pechados e que se abrirían con tarxeta dixital) de xeito que o transporte do residuo (que é 95% auga ) se reduza ó mínimo. Para animar á participación, os núcleos rurais e as persoas que se impliquen nas vilas deixarían de pagar a recollida municipal de lixo, xa que non precisarían dese servizo. A xestión in situ podería facerse por traballadoras municipais, voluntarias ou mesmo potenciais usuarias do compost.
Porén, a opción elixida na Mariña vai ser un novo colector marrón para ser xestionado por unha empresa que poida pasar recibos e mover camións cheos de auga 50 km ata Cervo cada día. O produto xerado non sabemos de quen vai ser, se noso, dos Concellos ou de SOGAMA. O resultado do proceso depende da calidade da separación, e os antecedentes no caso de colectores abertos son pouco alentadores… En resumo, moitas dúbidas ás portas dunha necesaria implementación sobre a campá, que reflicte tamén a escasa implicación neste importante asunto da anterior corporación.
Haberá que estar atentas a estas xornadas de divulgación de outubro a ver se podemos aclarar algunhas delas.


















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



