En semanas anteriores debullamos a análise do pacto de investidura BNG-PSOE no atinxente á mellora do autogoberno e do financiamento autonómico e da axenda ferroviaria galega. Hoxe é a quenda da rede viaria estatal. O pacto de investidura acordou, canto ás autoestradas estatais, extender a actual redución da peaxe do 20% ao 50% para usuarios recorrentes (20 ou máis viaxes ao mes), equiparando os descontos vixente e futuro da AP-9 coa autoestrada central galega AP-53 (Compostela-Lalín-Alto de San Domingos). E incluindo os vehículos pesados, tendo en conta a dependencia do transporte por estrada das mercadorias galegas.
A Autoestrada do Atlántico (AP-9), asemade, habería ser transferida, segundo este pacto de investidura, á Xunta de Galicia durante esta lexislatura, pois que non só se comprometeron as recoñecidas no vixente Estatuto, senón as que foron obxecto do acordo consensuado do noso Parlamento, que aprobou por unanimidade tres proposicións de leis orgânicas para transferir a AP-9, que decaeron polas sucesivas disolucións dos Congresos elixidos no 2016 e 2019. Arestora estase a tramitar a cuarta, que habería ser a definitiva. A cidadania galega non entenderia máis atrasos nin vetos implícitos nunha vía que constitúe a nosa “rúa maior”, mentres casteláns e andaluces transitan de balde por autovía entre as súas capitais.
O pacto de investidura acordou tamén un Plano plurianual 2024-28 de actuacións na rede viaria estatal no noso País para incluir nos sucesivos Orzamentos i) rematar no 2024 a fulcral autovía Compostela-Lugo, ii) rematar o viaduto do Castro na A-6 sentido Madrid no 2023 e o outro viaduto, sentido Lugo-A Coruña, no 2024, iii) resolver a medio de actuacións concretas os chamados “pontos negros” da rede viaria estatal toda (N-VI, N-550, N-541 no sector de Cerdedo-Cotobade…), iv) mellorar a N-VI e a seguranza viária na N-550 e v) planificar o segundo treito do paseo entre Marín e Pontevedra e planificar e principiar a execución da variante da Estrada.
O cativo estado da rede viaria estatal na Galicia e as desaqueladas recadacións dunha AP-9 que habería ter rematado este ano 2023 o período de exacción das peaxes proxecta a idea da importancia destes acordos políticos, mais tamén amosa a inconveniencia de vencellar aos Orzamentos Xerais do Estado e, en último de contas, ás decisións do Goberno do Estado o mantemento da rede viaria estatal na Galicia. A nosa economia precisa que a Administración galega teña a competencia e os recursos para xestionar a rede viaria toda para evitarmos perigos como o da N-541 ou funiles que atrasan a vida cotián de milleiros de persoas como o de Perillo-Oleiros na N-VI. Velaí a necesidade de negociar, nesta mesma lexislatura e seguindo o ronsel da transferencia ás Deputacións Forais vascas no 2018 e 2019, a transferencia do mantemento da rede viaria estatal na Galicia.



















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



