Ribadeo, 5 de febreiro de 2025. Acisa con amor é a campaña que a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo desenvolverá do 6 ao 16 de febreiro. Acisa sorteará dúas ceas para dúas persoas cada unha nos restaurantes San Miguel e Javier Montero e unha noite romántica no Parador de Turismo ribadense.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, dixo: “presentamos unha nova edición da campaña de San Valentín na que imos sortear dúas ceas para dúas persoas cada unha delas nos restaurantes Javier Montero e San Miguel así como unha estancia dunha noite romántica no Parador de Turismo de Ribadeo. Queremos que as persoas afortunadas celebren dun xeito especial o día dos namorados. Tras a campaña de Nadal e agora que estamos en plenas rebaixas, non nos podiamos esquecer de San Valentín, xa que as parellas de namorados aproveitan para facerse agasallos e para celebrar o amor. Para agasallar, xa saben que poden atopar todo o que precisan nos negocios de Ribadeo, que agardan contar coa súa fidelidade unha vez máis”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explicou que “a campaña desenvolverase do 6 ao 16 de febreiro no comercio asociado a Acisa Ribadeo. As persoas que durante este período de tempo realicen neles as súas compras poderán cubrir as súas papeletas para entrar no sorteo de San Valentín. Vanse repartir 9.000 papeletas nesta campaña, 1.000 mais que o ano pasado. O sorteo será non presencial o 19 de febreiro nas instalacións de Acisa, entre todas as rifas cubertas polos clientes que mercaran no comercio asociado nestes días, o sorteo será gravado en vídeo e colgado nas nosas redes sociais e os gañadores serán informados por teléfono do premio que lles correspondeu”.
Cruzado Iglesias engadiu que “animamos á nosa veciñanza a celebrar o amor en Ribadeo. A nosa hostalería xa ten preparados menús especiais con pratos moi orixinais e saborosos para estas datas, tanto o 14 de febreiro como durante toda esa fin de semana”. E tivo palabras de agradecemento: “quero agradecer a colaboración dos nosos asociados, os restaurantes Javier Montero e San Miguel e o Parador de Turismo, que nos doan estes importantes premios para a campaña de San Valentín de Acisa, que se poderán disfrutar segundo as condicións marcadas por cada establecemento”.
A campaña de San Valentín, organizada por Acisa coa colaboración da Xunta de Galicia, foi presentada nas instalacións da asociación ribadense coa asistencia de membros da directiva como Carmen Cruzado e Trinidad Otero e do xerente, Jesús Pérez.
Cursos para o comercio
Acisa Ribadeo xunto á Federación Galega de Comercio ofrecen cursos gratuítos subvencionados a todos os traballadores do comercio.
Carmen Cruzado, presidente de Acisa, indica que “a formación no sector comercial é algo esencial, para que Ribadeo siga sendo un referente no comercio de Galicia. Por iso, en colaboración coa Federación Galega de Comercio, imos ofrecer cursos a todos os traballadores e traballadoras do sector comercial ribadense”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, sinala que “esta formación é completamente gratuíta porque está subvencionada polo Ministerio de Educación, FP e Deportes e non supón custo algún para os traballadores ou a empresa. Non consome créditos de formación (non é formación bonificada). Os traballadores poden inscribirse directamente sen necesidade de autorización da empresa, é dicir os empresarios de comercio non teñen que realizar ningunha xestión, nin notificar nada á administración. É en liña, flexible e sen horarios fixos, polo que pode realizarse fora do horario laboral. Para consultar os temarios e solicitar a praza nos cursos está dispoñible a ligazón directa á web: https://www.cursosfemxa.es/fgc-cursosgratis”.
E conclúe, “o temario que se ofrece é moi variado, desde cursos de Community Manager, contabilidade, inglés, A2 e B1, Marketing Dixital, paquete Office, Política e xestión informatizada de stock, redes sociais e márketing 2.0; … entre outros”.





















"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.
Celebrouse este luns na Delegación Territorial da Xunta en Lugo en memoria das vítimas dos terremotos de Venezuela.
Por este motivo, o Concello recomenda ás persoas, colectivos e entidades que precisen facer uso dalgunha instalación municipal ou solicitar material que presenten as súas peticións coa antelación necesaria. A medida permitirá organizar adecuadamente a atención das solicitudes e a planificación dos recursos municipais.
Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
Ao acto, que tivo lugar diante da sede da institución provincial, asistiron deputados e deputadas, membros da corporación provincial e empregados públicos, que gardaron un minuto de silencio como mostra de respecto e solidariedade coas persoas afectadas pola catástrofe. A Deputación quixo así unirse ao chamamento realizado pola FEMP en toda a España, expresando o seu apoio ao pobo venezolano nestes momentos de especial dificultade.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, visitouna no seu domicilio para felicitala e entregarlle un ramo de flores en nome de toda a veciñanza. Nada en Sargadelos e veciña de Cervo, foi a máis nova de dez irmáns e desde moi nova traballou no campo e coidou dos animais, sempre cun gran espírito de esforzo. Nai, avoa e bisavoa, a súa familia destaca a súa alegría, enerxía e bo humor. Moi activa ao longo da súa vida, gozaba de viaxar, da praia, de conducir e de participar nas actividades municipais, ademais de cultivar a súa paixón por cantar. Coqueta, sorrinte e cun espírito novo, Benedicta é hoxe un exemplo de vitalidade para todo o municipio.



