Todos debemos de ser conscientes de que a enerxía é un elemento fundamental porque é quen move o mundo. Dela depende o noso día a día e está detrás do desenvolvemento dos países e da calidade de vida dos seus habitantes.
Esta importancia da enerxía para a nosa vida fai que a partir da primeira revolución industrial o seu consumo auméntase de forma extraordinaria e de maneira progresiva. Pero as súas fontes fundamentais foron sempre os combustibles fósiles, que teñen o gran problema de ser altamente contaminantes.
Este feito levou á comunidade científica a alertarnos dos seus efectos negativos e xa que logo, a necesidade de reducir progresivamente o seu uso co fin de evitar un desastre climático irreversíbel que acabe facendo inviábel a vida no planeta.
Tales consideracións deron lugar á posta en marcha dunha transición enerxética hacia fontes non contaminantes.
Nesta tarefa de transición enerxética é na que estamos inmersos arestora.
A respeto de Galicia, antes de entrar noutras consideracións gustaríame aclarar o erro que observo na apreciación de moita xente, no senso de identificar a enerxía eléctrica que producimos, fundamentalmente de fontes renovables, con toda a enerxía que consumimos e exportamos de fontes renovables e non renovables.
Polo tanto, cando falamos de enerxía en Galicia debemos ter claro que falamos de todas as enerxías que usamos en todos os sectores de consumo enerxético, porque, a electricidade que producimos de fontes renovables supón unha cuarta parte da nosa realidade enerxética. E neste eido cómpre apuntar que importamos moita máis enerxía da que producimos e toda, en forma de combustibles fósiles.
Este é un dos problemas fundamentais que temos que ir reducindo de cara a aminorar as emisións contaminantes de combustibles fósiles que importamos.
Polo tanto, ademais de ir aumentando a produción de enerxía renovable, unha das grandes tarefas que temos como país a curto e medio prazo coido que debe de ser a electrificación de dous dos sectores de maior consumo de enerxía procedentes dos combustibles fósiles; esto é: a industria e o transporte. E para isto é conveniente priorizar a inxección de enerxías renovables no sistema eléctrico, ampliando a capacidade das redes e mellorando a rede de transporte e distribución, incapaz neste momento de asumir a enerxía necesaria para electrificar a estes dous sectores.
Neste eido, xa parece haber un compromiso do Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico coa Xunta de Galicia para adecuar as redes e as conexións a esa necesidade de electrificación, sobre todo do sector industrial e que parece ter como data límite o 2030.
O sorprendente é que a provincia de Lugo, a de maior produción de enerxía eólica de Galicia, quedou excluída desta mellora da rede eléctrica. En consecuencia, non será reforzada durante istos anos en ningún punto para o consumo industrial polo que non se poderá instalar neste tempo ningunha empresa de importancia na provincia, xa que na actual situación, non será posible trasportar a potencia eléctrica necesaria para tal fin. Isto, evidentemente, reducirá as inversións industriais na provincia, o que é moi preocupante.
Dito isto, coido polo tanto, como xa dixen, que a prioridade nestes próximos anos para revertir a situación do excesivo consumo de combustibles fósiles, debe de ser o avance na electrificación da industria e do transporte, reforzando e mellorando as redes para garantir que a enerxía renovable xerada no noso país poida ser utilizada de maneira eficiente na nosa comunidade e non se exporte unha parte como ocurre agora, podendo ademais, dar un paso fundamental na descarbonización, na redución do prezo enerxético e en poder atraer proxectos industriais para o país.
Coido que ese é o camiño.



















O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



