A competición comezará ás 10:00 horas e desenvolverase durante toda a xornada; haberá trofeos para os catro primeiros clasificados
Cervo, 23 de xullo de 2026. O Pavillón da Veiga, en San Cibrao, será o escenario este próximo sábado, 25 de xullo, do VII Torneo Maruxaina de Tenis de Mesa, organizado polo Club Deportivo San Ciprián en colaboración co Concello de Cervo.
A cita foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés, polo coordinador da sección de Tenis de Mesa do CD San Ciprián, Fernando Fernández, e polo xogador local Estéfano Berruezo.
A competición contará con medio cento de participantes procedentes de diferentes clubs de Galicia, Asturias, Castela a Mancha ou Italia. Está previsto que comece ás 10:00 horas e prolongarase durante toda a xornada do sábado. Haberá trofeos para os catro primeiros clasificados.
A rexedora destacou que para o Concello “é un orgullo volver colaborar cun evento que xa se consolidou como unha cita imprescindible do calendario deportivo estival de Cervo, non só polo seu nivel competitivo, senón tamén polo ambiente de convivencia, participación e promoción do deporte que xera cada ano”.
Neste senso, lembrou que esta edición chega nun momento especialmente doce para o club, despois de que o pasado mes de xuño o Concello recibise oficialmente ao equipo e ao seu corpo técnico para felicitalos polo histórico ascenso a Segunda Nacional, conseguido tras proclamarse campións do Grupo Norte de Terceira Nacional.
“Este ascenso é o reflexo do esforzo, da constancia e do excelente traballo que o club leva realizando desde hai anos”, sinalou García Caramés, quen incidiu en que “o C.D. San Ciprián está levando o nome de Cervo por toda a xeografía do norte peninsular, converténdose nun referente do tenis de mesa e nun exemplo de compromiso e superación”.
Finalmente, animou á veciñanza e ás persoas que visitan o municipio durante estes días a achegarse ao Pavillón da Veiga para gozar dunha intensa xornada de tenis de mesa e apoiar aos deportistas nun torneo que, ademais de reunir a xogadores de diferentes categorías, servirá para celebrar un dos mellores momentos da historia recente do club.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.


