Nota de prensa
O BNG DE FOZ EN CONTRA DAS MEDIDAS DA XUNTA CONTRA OS EMPREGADOS/AS PÚBLICOS
“Todas estas medidas están pensadas para destruír emprego e recortar servizos públicos e non para mellorar a súa calidade” afirma Basanta
Foz a 17 de febreiro de 2012.- O BNG de Foz presentou unha moción para aprobar polo Pleno do Concello para instar á Xunta de Galiza a retirar o denominado Anteproxecto de Lei de medidas no emprego público e a realizar ofertas de emprego público suficientes co fin de reducir o desemprego e combater a crise económica.
En data 3 de febreiro de 2012, a Dirección Xeral da Función Pública da Xunta de Galiza presentou un documento titulado Anteproxecto de Lei de medidas no emprego público. Todas as organizacións sindicais da Mesa da Función Pública se opuxeron ao mesmo porque “o anteproxecto incorpora unha serie de medidas moi gravosas relativas ao emprego público, que afectan tanto ao persoal funcionario, docente non universitario, como ao laboral tanto do Convenio Único como do Sector Público da Comunidade Autónoma, e ao estatutario, adoecendo de falta de rigor formal e técnica normativa, o que produce inseguridade xurídica”.
Para o BNG estamos ante medidas moi agresivas e lesivas para todos os traballadores/as públicos/as, eliminando dereitos, algún deles consolidados desde os anos 60 e 70 do século pasado, como é o complemento das baixas por incapacidade que penaliza as traballadoras e traballadores polo feito de estaren enfermos ou como pode ser a posibilidade de que se lles reduza un terzo a xornada e o salario aos interinos/as, a supresión do fondo de acción social, a implantación da xubilación forzosa aos 65 anos, a reducción dos días de asuntos propios, etc.
A valoración do BNG é negativa e coincide coa das organizacións sindicais ao supor unha perda clara de dereitos negociados e adquiridos, e ven a supor unha aposta pola redución do volume da Administración e pola destrución de emprego público, coa conseguinte perda de peso relativo do sector público no conxunto da economía. En termos económicos, poderíase definir como un paquete de medidas procíclicas, isto é, favorecedoras da recesión, que supoñen un novo erro nas políticas adoptadas para saír da crise e só terán efectos negativos tanto sobre o conxunto da actividade económica, retraendo o consumo e o poder adquisitivo dunha parte da poboación, como sobre os servizos públicos reducindo o persoal e, polo tanto, a calidade dos servizos que se prestan.
Así mesmo, o borrador de Proxecto vulnera o dereito á negociación colectiva no sector público autonómico derrogando, suspendendo e modificando, acordos e convenios no Sector Público e o V Convenio Colectivo Único para o persoal laboral da Xunta de Galicia. Ademais non todas as actuacións propostas supoñen a suspensión temporal de normas ou preceptos o que implica que, unha vez máis, se aproveita a escusa da crise para adoptar medidas de cambios estruturais no emprego público baixo a aparencia de medidas conxunturais. Por iso a oposición frontal do BNG a adopción destas medidas porque como di o seu portavoz, Xan Carlos González Basanta “todas estas medidas están pensadas para destruír emprego e recortar servizos públicos e non para mellorar a súa calidade”.



















Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



