Os Sendeiros de Foz organizan o andareiro 94 que se desenvolverá o vindeiro domingo 28 de abril por Noia. Para participar na ruta de dificultade media “Monte San Lois” é preciso anotarse antes do venres 26 de abril nos teléfonos 670 36 90 17 ou 696 23 60 20 ou a través do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es. O prezo de inscrición para os socios é de 18 euros, mentres que os que non o son deberán pagar 23. Recoméndase levar xantar e equipo de senderismo. A saída efectuarase ás sete da mañá dende o Concello.
Os Sendeiros viaxan a Noia
Os Sendeiros viaxan a Noia
Relacionado
-
Acisa Ribadeo celebra o día da nai repartindo na rúa un centenar de caraveis entre as mamás que se atopou ao seu paso, a pesar da choiva
-
Suspendido polo mal tempo o III Mercado “Aos Pés de Cornería” en Vilaronte de que se ía celebrar este domingo, 5 de maio
-
Co gallo do Día de Europa, Estefanía Molina impartirá unha conferencia na UNED de Lugo