RegalXunqueira Centro Cultural, Os Aventados e Regal Cerámica organizan a Festa da República. A celebración desenvolverase o domingo 14 de abril a partir das doce do mediodía coas bombas de palenque. Á unha da tarde interpretarase o himno de Riego e o doutor Pablo Mosquera abrirá os actos. Posteriormente, proxectaranse curtas de cine e reportaxes sobre a República; seguidas dunha sesión vermú e a inauguración da Praza da República no Complexo Regalxunqueira. Ás tres da tarde o restaurante Ría de Viveiro acollerá un xantar de confraternidade republicana que conta cun prezo de 12 euros. Ás cinco da tarde a música e os recitais volverán a protagonizar o encontro da man de Lino e Paco Rivas, entre outros; pero tamén haberá gaiteiros e outros músicos que queiran actuar, para o que se poden poñer en contacto coa organización a través de ceramica@oteroregal.com ou no 982 56 25 89 –os mesmos medios de contacto que son precisos para apuntarse para o xantar-. A xuntanza conta coa colaboración da delegación de Cultura da Deputación Provincial por medio do programa de “Recuperación da Memoria Histórica” de Os Aventados.
























As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



