Ribadeo, 2 de febreiro de 2016. O hotel restaurante O Cabazo, de Ribadeo, organiza a terceira edición das Xornadas do Lacón e os Grelos, que se celebrarán desde este venres, día 5, ao domingo 7.
O menú estará composto por dous pratos e sobremesa ademais de viño, café e licores da terra. Os pratos poderán elixirse entre diversas preparacións: croquetas de lacón con grelos; revolto de lacón curado, grelos e gambas; pastel de lacón con grelos e puré de pataca; ou crema de caldo galego con picatostes, de primeiro. O segundo prato será a elixir entre lacón con grelos, lacón asado ao horno ou lacón á prancha. A sobremesa, tamén a elixir, entre leite frito, arroz con leite ou chulas en leite con redución de canela. O viño incluído é Sileno, branco ou tinto, da denominación de orixe Valdeorras. O prezo por persoa será de 20 euros.
O hotel restaurante O Cabazo tamén organiza os días 8 e 9 deste mes de febreiro as Xornadas do Cocido Tradicional, aínda que este poderá degustarse tamén calquera outro día, pero previo encargo.
Promoción especial San Valentín
O Cabazo continuará coas actividades programadas para este mes de febreiro coa celebración do San Valentín, para o que prepara un menú especial que poderá degustarse os días 13 e 14, sábado e domingo. Este menú estará composto polo aperitivo dúo de Corazóns, filloas recheas de marisco regadas con crema de nécoras, solombo de porco ibérico albardado con atadiño de verduras e, de sobremesa, tarta de amorodos e chocolate.
Estes pratos estarán acompañados por viño branco ribeiro Señorío de Beade ou tinto mencía Ponte da Boga e licores da terra. O prezo deste menú especial San Valentín será de 50 euros por parella.
O Cabazo tamén ofrece unha promoción que, ademais da cea, inclúe pernoctar en habitación dobre con almorzo por 100 euros parella. Todos os clientes que degusten o menú especial San Valentín entrarán no sorteo dunha noite na suite do hotel O Cabazo con botella de cava e almorzo incluídos.
Para participar en todas estas iniciativas organizadas polo hotel restaurante O Cabazo, de Ribadeo, as reservas poden realizarse no propio establecemento ou chamando ao teléfono 982.128.517.