Burela, 17 de novembro de 2016. Os alumnos de 1º de Primaria do CEIP Virxe do Carme foron de excursión este mércores por varias das dependencias do Concello de Burela. Primeiro visitaron a Casa Consistorial, onde a Policía Local traballou con eles as normas e sinais básicas de circulación, facendo fincapé en como teñen que comportarse cando son peóns, cando van en bici e cando se desprazan en coche.
A segunda parada desta excursión foi a Casa da Cultura, onde visitaron a biblioteca, o Auditorio e a exposicións que alberga. Os rapaces achegáronse así ao mundo da lectura e da arte, aprenderon: como teñen que facer para ser socios da biblioteca, para que serve ser socio, as normas que deben respectar e como deben buscar un libro. As monitoras de Gaia acompañaron aos escolares nesta visita por Burela.