Foz 18-4-17. O mércores 19 de Abril ás 20.30 o salón de actos CENIMA de Foz, acolle a segunda das conferencias das Xornadas “Sentirmos a Arte”, organizadas pola asociación cultural “A Pomba do Arco” no marco do Mes das Artes Plásticas da Mariña, e na que intervirá a crítica e historiadora da arte Mercedes Rozas.
Mercedes Rozas Caeiro, licenciada en Xeografía e Historia, na especialidade de Historia da Arte Moderna e Contemporánea, membro do Padroado do Museo do Pobo Galego e recoñecida e crítica de arte, colaborando nos últimos anos con diversos medios de comunicación. Ao tempo, destacou e destaca como comisaria expositiva, sendo a responsábel de diversas mostras organizadas polo Xacobeo, a Consellería de Cultura, a Fundación Granell, o Museo do Pobo Galego ou o Consorcio de Santiago de Compostela. Un pequeno exemplo deste traballo son nos últimos tempos as exposicións de Carlos Maside, Xulio Maside, Leopolodo Nóvoa ou Camiño de Volta, celebrada en 2016 na Casa da Parra.
A palestra de Mercedes Rozas “Muller e arte de resistencia”, en palabras da propia relatora, parte da consideración de que durante séculos muller e arte consideráronse categorías excluíntes. Aínda que os motivos de exclusión foron cambiando ao longo do tempo, moitos dos parámetros mantivéronse inamovibles, apostados en arcaicos e dominantes signos de tradición patriarcal, así como en visións intencionadas que asociaron feminidade, sensibilidade ou delicadeza con debilidade, e que sonas mesmas que, en cambio, afiliaron sen rubor sempre a xenialidade só a artistas varóns. Ao fin no no mundo da arte, como en calquera outro ámbito, a muller nunca o tivo doado.
As xornadas Sentirmos a Arte terán continuidade o xoves 20 de Abril ás 20.30 no CENIMA de Foz cun relatorio a cargo de Daniel Caxigueiro co titulo de “A fotografía e o xogo creativo”.




















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



