Son unha persoa enferma de cancro con varias intervencións recentes, e teño ao meu cargo a meu pai cun grao 1 de dependencia aprobado no 2012 polo cal me dan 38 € ao mes dende o ano 2016 (tendo aprobado para percilbia dende 1 de xaneiro de 2014). A día de hoxe o único que fai por si mesmo é agarrar o garfo e pouco máis, con casi nula movilidade e demencia senil, con data de 31 de xaneiro pasado solicitei nos servicios sociais de Foz unha revisión da súa dependencia solicitando ademáis un centro de día (e renunciando a libranza) porque eu non podo atendelo nin teño a ninguén que o faga coa conseguinte repercusión na miña persoa de non poder ir as revisións médicas nin tratamentos. A día de hoxe nada sei d@s funcionari@s que levan as Dependencias de anciáns. A data de hoxe estou cerca de cometer unha loucura, xa que a miña mente estoupou fai un tempo, e como cheguei ao límite das miñas posibilidades físicas e psíquicas quero facelo público e que se sepa, que a este goberno parecen importarlle pouco as persoas, solo os votos, e que se cometo algo irreparable están avisados públicamente, xa que sei que leen este xornal dixital.
Lei de dependencia para quen?. A situación límite dunha veciña de Foz.
Lei de dependencia para quen?. A situación límite dunha veciña de Foz.
Relacionado
-
A Xunta mellorará a seguridade viaria en Viveiro coa construción dunha rotonda na contorna da capela da Misericordia
-
O BNG non acude ao acto de sinatura do convenio polo que se ceden as estradas provincias ao Concello de Xove “por non terse debatido previamente no Pleno”
-
Entregadas dúas vivendas de promoción pública nos concellos do Valadouro e Barreiros