Ribadeo, 25 de agosto de 2017. O VI Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos, organizado pola Asociación de Profesores de Automoción de Galicia (APAGA), foi presentado esta tarde en Ribadeo. Este encontro dará comezo o vindeiro luns, 28 de agosto, e prolongarase ata o día 31 nas instalacións do hotel O Cabazo, en Ribadeo. Nesta sexta edición participarán preto de setenta profesionais do sector do automóbil, profesores e alumnos de formación profesional. Entre as novidades que presenta este ano figuran dous talleres, un de son e outro de impresión en 3D, ademais dunha ponencia sobre a formación profesional en Alemaña que terá lugar o luns e que será impartida polos profesores Jörg Grube e Paul Gliet.
O presidente de APAGA, Álvaro Doural, explicou que “o Fórum segue unha estrutura moi similar a anos anteriores coa incorporación de novas ponencias e novos talleres. Incorpora como unha das novidades unha actividade para o sector empresarial que vai ser unha análise da formación profesional en Alemaña por parte de dous profesores alemáns que van estar neste sexto Fórum”.
Doural dixo que “é un acto aberto para toda a xente que queira participar desta actividade formativa. O número de inscritos é similar aos anos anteriores, case 70, desde profesores e alumnos de formación profesional, a xente de empresa e interesados no mundo do motor”.
O presidente da Asociación de Profesores de Automoción de Galicia subliñou que “se incorporan este ano dous talleres novos, un de son e outro de impresión en 3D. O esquema é moi similar aos anos pasado coas empresas punteiras do sector do automóbil como é o caso de PSA, BMW, Bosch ou ZF, que é a primeira vez que vai participar no Fórum”.
Álvaro Doural espera “cumprir minimamente polos menos cos obxectivos plantexados dentro da nosa modestia, pero con todas as ganas. Despois de todas as festas que houbo na Mariña durante todo este verán, isto ven dar un toque de formación ao últimos días do mes de agosto. Un dos obxectivos deste programa é ver se somos capaces de crear unha cultura industrial, de ganas polo traballo, especialmente polo traballo manual”.
No acto celebrado esta tarde no hotel O Cabazo de Ribadeo participaron tamén o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, así como a alcaldesa en funcións de Ribadeo, Ana Martínez, e o rexedor de Barreiros, Alfonso Fuente.


















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Son 15 os postos instalados nos que os asistentes poderán atopar complementos de moda e téxtis, marroquinaría, xoiaría, teas, sombreirería, bixutaría, xoguetes ou esmaltes. Esta feira está percorrer diversas localidades e cidades galegas para dar a coñecer o traballo dos artesáns galegos. Polo recinto pasaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz.
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna hoxe ao monolito da Cadeir a, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show mañá, ou unha ruta turística o domingo. Ademais, haberá sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.



