Cervo, 28 de agosto de 2017.- San Ciprián será o escenario da Foliada Nordestía que se celebrará os días 1, 2 e 3 de setembro cun programa do máis completo e variado.
A cita, organizada pola Asociación Clan, e que conta coa colaboración do Concello de Cervo, foi presentada polo rexedor, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés e representantes do ente organizador.
O programa comezará o venres ás 17:00 horas cun taller de flauta irlandesa-whistle; e ese mesmo día, ás 22:00 horas, haberá Serán na Praza dos Campos cos grupos A Rebolaxe, de San Ciprián, Airiños do Xunco, de Cervo, Medio Quiñón, de Burela; Ledicia, de Burela; e os alumnos do obradoiro de flauta; e con premios para os mellores bailadores.
Dende as 23:45 horas está programada a actuación da Requinta da Laxeira; e dende a 01:00 horas haberá foliada libre.
O sábado, 2 de setembro, está previsto ás 10:30 horas un taller de corda pulsada; e dende as 12:00 horas haberá Cantos de Taberna cos grupos A Rebolaxe, Os Misturas, Airiños do Xunco, Ledicia, Os Sobrados e Medio Quiñón en diferentes establecementos da vila.
Ás 15:30 horas haberá unha comida popular na Prazoleta, a base de empanada, callos ou ensalada de pasta, bebida e postre.
