Mondoñedo, 15 de decembro de 2017.- O paquete turístico ‘Este Nadal, regala Mondoñedo’ empezará a comercializarse dende o próximo luns, día 18 de decembro. Así o concretaron esta mañá a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, e a representante da empresa MariñActiva, Natalia Presa, durante a rolda de prensa celebrada no Salón de Plenos da Casa do Concello e que serviu de marco para presentar polo miúdo esta iniciativa turística.
Na presentación durante a que se deron a coñecer as caixas definitivas do produto e se explicaron os obxectivos, funcionamento e características do paquete; tamén participaron os axentes locais (hostaleiros, artesáns…), que se implicaron e forman parte deste produto turístico.
Na súa intervención, a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, quixo poñer en valor “a importancia” da interacción entre os diferentes axentes, que permitiron que saíse adiante “unha iniciativa moi interesante”. A rexedora resaltou que “estamos ante un produto que nace do traballo común e do contacto entre a iniciativa privada e a pública”. Ademais, a colaboración e o contacto cos diferentes axentes privados locais “foi o que fixo posible facer este proxecto común, que permite dar a coñecer a nosa localidade e converter Mondoñedo no mellor agasallo de Nadal”.
Polo tanto, este proxecto xorde froito dunha idea de unión e de cohesión entre axentes locais co obxectivo, segundo explicou Natalia Presa, representante de MariñaActiva, de “regalar vida e de regalar tempo, desconectando desa vida de estrés na que moitos de nosoutros nos atopamos. O tempo é un ben escaso e non se nos ocorre mellor cousa que desfrutalo de vacacións en familia, aprendendo, facendo cousas curiosas e divertidas e coñecendo o patrimonio da localidade como o coñecemos e sabendo que temos moitas cousas que aportar, o que fixemos foi deseñar catro paquetes con encanto para facilitarlle as vacacións ao portador do mesmo”.
Obxectivo do produto
Para elaborar estes paquetes turísticos, “encargámonos de unificar as tarifas, de seleccionar os mellores menús, de identificar as actividades e as alternativas de ocio, e así nace Este Nadal, regala Mondoñedo”, explicou Natalia Presa, quen indicou que o concepto “é algo xa coñecido, unha caixa e un código e a partir de aí só hai que desfrutar, xa que unha vez que o usuario reciba dos seus seres queridos a caixa de Mondoñedo, cun par de chamadas de reconfirmación, terá ao seu alcance dous marabillosos días para coñecer a cultura, a paisaxe e a gastronomía local”.
O deseño do produto seguiu dous obxectivos. O primeiro deles é o de chegar a todo tipo de públicos, por iso se crearon catro paquetes, un para descubrir o patrimonio histórico e cultural, outro para os grandes amantes da gastronomía, xunto a outro para os aventureiros e un último para esas familias que lles encanta desfrutar do tempo xuntas. O segundo obxectivo foi xuntar nun só produto a maior cantidade de axentes locais da zona, para incentivar o consumo na propia localidade. Así, o proxecto foi secundado por todos os establecementos contactados, xerando sinerxías e sendo o primeiro gran de area para o desenvolvemento de futuros proxectos conxuntos.
Así, a representante de MariñaActiva, encargada de xestionar e deseñar os paquetes coa axuda do Concello de Mondoñedo, asegura que entre todos conseguimos deseñar produtos completos, atractivos e moi definitorios da zona, xuntando os establecementos máis representativos, tanto hostaleiros, como restauradores, axentes locais ou artesáns, entre outros, que “aportan valor ao produto e fano único”.
Adquisición
Os paquetes poderanse adquirir de tres formas. É dicir, de xeito on-line (www.mariñactiva.com), por teléfono (683401865) e na propia sucursal de MariñActiva (Viajes Eroski: Avenida Arcadio Pardiñas, 97. Burela-Lugo). Así, o prezo de venda establécese a partir dos 99 euros.
O prazo de desfrute destes paquetes vai dende o 6 de xaneiro ao 30 de xuño e do un de setembro ata o 20 de decembro.
O paquete aboarase no momento da compra mediante un pago seguro por internet. Aos compradores enviaráselles un e-mail de confirmación do produto para que realicen a compra e unha vez chegada a confirmación, procederase ao envío do mesmo. Enviarase o paquete por mensaxería e o proceso de reserva é directamente cos establecementos.
Catro paquetes turísticos
– Paquete 1: O laberinto habitado: descubre Mondoñedo. Un paquete que potencia a historia da cidade, antiga capital de Galicia, sede episcopal dende o século XII, cuna de persoaxes ilustres e lugar de tradicións e lendas. ¡Un lugar único que ten moito que contarche!. Inclúe unha noite de aloxamento e almorzo para dúas persoas, unha visita guiada ao centro histórico, xunto a dúas entradas á Catedral e dúas tamén para a Ruta dos Artesáns; así como un libro sobre Mondoñedo para descubrir todos os recunchos da cidade.
– Paquete 2: Os outros camiños: aventúrate en Mondoñedo; dirixido aos máis aventureiros, para que desfruten do patrimonio natural da cidade (covas, cataratas, vales…) e do Camiño de Santiago. Nesta ocasión, o produto inclúe unha noite de aloxamento con almorzo para dúas persoas; xunto a unha ruta de sendeirismo con o Freixo dos Lobos para coñecer A Serra do Xistral así como dúas entradas para a visita guiada ao interior da Cova do Rei Cintolo e un pase para visitar o Centro de Interpretación do Camiño Norte.
– Paquete 3: Cociña galega con sabor a Mondoñedo. Ademais dunha noite de aloxamento e almorzo para dúas persoas, inclúe unha cena ou comida con regusto a Terriña e unha tarta de Mondoñedo de regalo.
– Paquete 4: Merlín e Familia en Mondoñedo; pensado en desfrutar dunha fin de semana en familia, cunha noite de aloxamento para dous adultos e dous nenos; así como catro entradas e visita guiada ao interior das Covas do Rei Cintolo, xunto a outras entradas para a Ruta dos Artesáns e unha tarta de Mondoñedo de regalo.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



