Ribadeo, 12 de marzo de 2018. Ás sete desta tarde expirou o prazo de presentación de candidaturas para proceder á renovación da xunta directiva de Acisa. E segundo confirman desde a xerencia da asociación “non se presentou candidatura algunha”.
A xunta directiva en funcións fai un chamamento a todos os asociados e asociadas para que acudan á asemblea extraordinaria que se celebrará o vindeiro luns, 19 de marzo, ás 20:30 horas para falar do futuro da Asociacións de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos. “Nesa xuntanza consultaremos aos asistentes os pasos a dar a partires de agora. E unha vez analizado todo o que alí debatamos establecerase a convocatoria dun segundo proceso electoral para proceder á renovación da xunta directiva de Acisa, que segue a traballar, atopándose en funcións. Tamén nesa asemblea se dará cumprida información das vindeiras campañas previstas por Acisa e se pedirá autorización aos asistentes para levalas adiante”, engaden desde a xerencia.
Próximas actividades
Acisa celebrará a súa VII Gala o vindeiro venres, día 16, a partir das 21:30 horas no Parador de Turismo, un evento ao que asistirán un cento de persoas. Desde a asociación lembran que “ata o xoves, día 15, é posible retirar as tarxetas para acudir á Gala tanto nos locais de Acisa como no Parador”.
A asociación ribadense tamén ten aberto o VIII Concurso Fotográfico Día do Pai no que repartirá 500 euros en premios.
O eslogan elixido para a oitava edición do certame é O amor por un pai non ten prezo, pero si premio. Os traballos pódense presentarse a través do Facebook de Acisa Ribadeo ata o 18 de marzo.
As imaxes débense subir á páxina do Facebook de Acisa, mediante a app instalada a tal efecto. O prazo máximo de envío será as 23:59 horas do día 18 de marzo, que será cando a app do Facebook deixe de admitir imaxes, e nese mesmo momento saberase o gañador do premio do público, que será a fotografía máis votada polos seguidores do Facebook de Acisa.
Entre as 20 imaxes máis votadas na aplicación (agás a gañadora do Premio do Público), realizarase unha selección por parte do xurado das tres mellores, entre as que sairá o Premio do Xurado.
A publicación oficial dos gañadores realizarase o día 19 de marzo nas redes sociais e nos medios de comunicación.
Ata o momento xa se presentaron 77 imaxes ao VIII Concurso Fotográfico Día do Pai. Desde Acisa animan a participar no certame “aínda quedan uns días para subir as imaxes ao facebook. Calquera persoa que o desexe pode participar, xa que hai interesantes premios en xogo”.
Haberá un único premio do público que estará dotado de 200 euros en vales de compra de Acisa, e no Premio do Xurado haberá un primeiro premio de 150 euros en vales de compra de Acisa, un segundo premio de 100 euros en vales de compra de Acisa, e un terceiro premio de 50 euros en vales de compra de Acisa. O galardoado deberá responder á chamada telefónica que se realizará dende as oficinas da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos, tras o veredicto do xurado. Realizaranse tres intentos e no caso de non atender á chamada pasarase ao seguinte seleccionado.
As fotografías premiadas e as presentadas poderán ser utilizadas nas diferentes plataformas de difusión de Acisa, co único obxecto de promocionar a fase participativa do concurso.





















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



