Foz, 20 de marzo de 2018. A décimo quinta edición da Ruta das Tapas que organiza o Centro Comercial Aberto de Foz celebrarase a vindeira Semana Santa, concretamente do xoves 29 ao sábado 31 deste mes, e contará coa participación de quince establecementos hostaleiros: Aroma Café, Bar 78, Cafetería Express, Cafetería Mayros, Cafetería Pastelería Anduriña, Cafetería Restaurante Xoyma, Casa Maño, Fraggle Rock Café, Happy Days, O Lar de Bustos, O Muelle Bar, Restaurante Costumes do Mar, Restaurante Dandy, Tangarte Mariñeiro e Tangarte Mesón.
As tapas serviranse de 13 a 15 horas e de 20 a 23 horas. O prezo de cada tapa é de 2 euros.
Haberá catro premios. As tres mellores tapas serán elixidas polo xurado e haberá premio tamén para a tapa coa mellor presentación, que sairá das votacións que se realicen a través da páxina de facebook do CCA focense: www.facebook.com/aciafozcca.
Desde o Centro Comercial Aberto animan “a vir a Foz esta Semana Santa a saborear as exquisitas propostas que están a preparar os establecementos participantes na décimo quinta Ruta das Tapas, que xa é unha cita clásica nestas datas. As persoas que nos visiten ademais de gastronomía tamén poderán coñecer A Mariña a través da oficina virtual, situada no edificio do Cenima, de Foz”.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



