
A directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz, manterá unha reunión co alcalde de Ribadeo, Fernando Súarez Barcia, e o xefe do Servizo provincial de Costas en Lugo, José Miguel Esteban, para informalos do recente encargo da Xunta para encargar un estudo técnico complementario do Monumento Natural da Praia das Catedrais.
Ana María Díaz trasladou que este estudo encargouse xeotécnico con carácter urxente, polo que os técnicos iniciarán de inmediato os traballos previos para o análise e determinar a zona de estudo dos diferentes cantís, cornixa e saíntes da zona. A Xunta encomendou onte mesmo á Universidade da Coruña un informe complementario desde a perspectiva técnica dos enxeñeiros de Camiños para analizar a situación actual do estado e condicións do monumento natural, co fin de que os posibles resultados e as indicacións que se indiquen no documento sexan asumidas polas tres administracións.
Indicou que a Xunta xa conta cun estudo de recomendacións, elaborado en setembro de 2017, que conclúe que As Catedrais é unha estrutura inestable ao igual que todas as praias da rasa cantábrica, onde existen posibilidades de desprendementos que non poden predicirse con exactitude.
Tamén aclarou que neste estudo de recomendacións trasladáronse medidas de xestión que foron tidas en conta por parte da Xunta de Galicia, como trasladar información ao público sobre os riscos da visita, en especial dos riscos existentes por achegarse ao talude, sobre todo despois de fortes chuvias. Nese sentido, reforzouse a comunicación sobre os posibles riscos, recomendacións que foron introducidas nas autorizacións para coñecemento dos usuarios. Cómpre lembrar que na propia web de reservas xa se advirte de forma expresa que o visitante coñece e acepta os riscos derivados da visita.























A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.



