Burela, 3 de abril de 2018. O alcalde, Alfredo Llano, asistirá este mércores en Moeche ás 10 da mañá á xuntanza sobre o tren que manterá a comisión técnica de traballo da que forman parte os Concellos de Ortegal, Ferrolterra e A Mariña luguesa. O rexedor seguirá a defender un tren que sexa útil para os traballadores, para os estudantes e para os usuarios do Hospital da Costa.
Llano contou que “no concello de Moeche manteremos mañá unha reunión da comisión da que formamos parte para estudar a problemática derivada do tren que pasa pola Mariña. Xa tivéramos outras reunións desta comisión que está constituída por representantes dos concellos da Mariña e do Ortegal e tamén de Adif, de Renfe e da Xunta de Galicia. Entre todos estudamos a problemática e tratamos de aportar dalgún xeito, dentro das nosas posibilidades, as nosas peticións, as nosas reclamacións e a esixencia constante de que queremos un tren de calidade que pase pola nosa comarca e que sirva para o seu desenvolvemento turístico, económico e social”.
O rexedor burelés dixo: “cremos que é fundamental que siga pasando este tren pola Mariña nas mellores condicións de uso, tanto para transporte como para viaxeiros, que teña calidade e desde logo que cumpra os requisitos de funcionalidade que xa temos dito con respecto aos horarios. Aquí defendemos todos un tren de cercanías que se achegue desde O Vicedo ata a Ribadeo e que sexa útil para levar pasaxeiros ao seu traballo, pero tamén para ser atendidos no Hospital da Costa, facer trámites ou incluso para os propios estudantes que se desprazan a diversos institutos en diferentes localidades da Mariña”.
O alcalde de Burela subliñou que “por tanto nosoutros vamos seguir insistindo en que isto é unha necesidade: ter un tren con boas condicións e que se incrementen e melloren os seus servizos. Antes eran en Ferrol as reunións e esta vez será en Moeche, un concello que tamén está implicado e que forma parte da comisión como Burela e outros. Veremos como se desenvolve todo e seguiremos firmes nas nosas reclamacións para facer o máximo e o mellor posible polo noso tren”.























A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.



