Honorables senyores Joaquim Forn, Josep Rull e Jordi Turull.
Centre Penitenciari de Lledoners.
St. Joan de Vilatorrada (Catalunya).
Galicia, agosto de 2018.
Sempre é difícil escrebir dende o desfrute da vida en liberdade ás persoas que ven pasar os dias na gris rotina do cárcere. Mais a tarefa faise moito máis difícil dende a lembranza do ilexítimo proceso político e xudicial que deu no voso actual prendemento e procesamento, canda a presidenta Carme Forcadell, os Jordis e outras persoas compañeiras de Govern.
Sodes os tres xuristas. Coñecedes, xa que logo, que os principais fitos da reacción contra o procès dos Poderes Públicos españois están viciadas de manifesta ilegalidade. En primeiro lugar, o voso cesamento como conselleiros, canda o President Puigdemont e o Govern todo e a disolución do Parlament en inconstitucional aplicación do 155. Sabíades que ese 155 daba legalmente, canto máis, para suspender o exercicio dalgunha competencia, nunca para suspender o autogoberno. Velaí a vosa lexitimidade como conselleiros até que as vosas demisións deron cabo ao voso mandato.
Porén, conseller Forn, malia ser consciente da ilegalidade do teu cesamento por mor do 155, axiña que èste foi efectivo cumpriches a decisión do Govern e despedícheste da Policía de Catalunya que lle demostrou ao mundo que as Institucións catalás sabíades enfrontar unha crise como a dos asasinatos terroristas do 17-A como unha nación madura. Algo que semella que boa parte do establishment español non che perdoa.
Tamèn sodes conscientes que o Tribunal que vos está a axulgar non é competente, porque a competencia perténcelle ao Superior de Catalunya. Que non se vos pode imputar ningunha caste de delicto de rebelión nin sedición e que a acusación e a prisión actuais constitúen nidia aplicación do Dereito Penal do Inimigo, incompatíbel co Estado de Dereito propio das democracias europeas.
Estades, pois, presos pola vosa acción política. Unha acción que para algúns pode ser cuestionábel nalgún aspecto, mais que sempre desenvolvestes de xeito pacífico. Sodes, pois, presos políticos. Enfrontades un sacrificio persoal, familiar, económico…de moi alta magnitude dende a dignidade de non ceder á (i) lóxica dos vosos acusadores (onde por propia escolla situouse o Maxistrado instrutor, sr. Llarena) e dende a humildade de considerar a vosa achega como parte dun traballo de país.
Como avogado e xurista, como demócrata e cidadán galego o meu recoñecemento e a miña solidariedade.
A miña máis cordial aperta,




















A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.



